Charla para as familias
Enviado por Fran Macias o Xov, 2016-05-19 10:17
00/00/
Array
O vindeiro martes 24 de maio teremos unha charla sobre seguridade en Internet, dentro do programa "Navega con rumbo" da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxenaría en Informática de Galicia. Está dirixida a nais e pais, que poden asistir tamén cos seus fillos e fillas.
Lugar: Salón de actos do CEIP "Manuel Fraga Iribarne"
Data: Martes 24 de maio ás 17:00 ( duración estimada 60-90 minutos )
Entrada libre, non é necesario comunicar a asistencia.
Trataranse temas como o uso de Internet, riscos, consellos de navegación, coidado dos equipos informáticos, etc
Máis información:
http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/
Guía de navegación para pais e nais.
Guía de navegación para os nenos e nenas.
Estades todas e todos invitados a esta charla.