Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ADMISIÓN ALUMNADO - Reserva de praza para o CEIP Manuel Fraga Iribarne para alumnado de novo ingreso.

26/02/2024 10:15
Europe/Madrid

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso no centro para o curso 2024/25

 

  • Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): precisa entregar a solicitude (ED550B) e documento acreditativo da idade do/a alumno/a.

 

  • Alumnado de outros cursos procedente doutros centros: precisa entregar a solicitude (ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula actual do/a alumno/a.

 

 A solicitude pódese descargar nos enlaces seguintes, cubrir manualmente e presentar presencialmente na secretaría do centro ou  ben entrar na aplicación de "admisión do alumnado", no apartado 2.2.4 (crear), cubrir dixitalmente, imprimir e presentala  igualmente no centro asinada manualmente.

Tamén se pode presentar telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.

 O modelo pódese descargar nas ligazóns a continuación ou recollelo no centro (conserxería ou secretaría).

 

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude é preciso presentar a seguinte documentación:

  • Certificado de empadroamento do/a alumno/a e os seus proxenitores.
  • Fotocoipa do libro de familia (se houbese)
  • DNI, NIE ou Pasaportes dos proxenitores e do alumno (se houbese).

En caso de que no centro xa dispoñamos de copia desta documentación non é preciso volvela a presentar.

 

Modelo ED550B en galego

Modelo ED550B en castellano