Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

23 DE FEBREIRO DE 1837- DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

23/02/2022 12:14
Europe/Madrid

Tal día coma hoxe en 1837 naceu a nosa Rosalía de Castro. Mañá, despois dunha semana traballando sobre ela e coñecéndoa un pouquiño máis, farémoslle, coma todos os anos, unha agarimosa homenaxe. Trasladamos un recuncho da nosa biblioteca ao século XIX e alí sementaremos os seus pensamentos, pensamentos dunha GRAN MULLER, a quen non deberiamos esquecer nunca, nin a ela nin a defensa da nosa lingua, coma ela o fixo. Os nenos/as declamarán algunhas das súas poesías e prantarán un pensamento, unha flor. Os nenos/as serán recibidos por unha "Rosalía" moi especial. Agardamos con ilusión o momento!!!!!! Xa vos contaremos como foi.

Engadimos algunha imaxe máis do que foi esta fermosa actividade