Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Maio 18, 2024
Start: 18/05/2024 00:09

 Grazas a todos/as por compartir con nós o voso talento!!!

Martes Maio 21, 2024
Start: 21/05/2024 10:02

Prazo para a presentación de solicitudes: 21/05/2024 ao 21/06/2024.

 

A solicitude farase a través do modeo que se recollerá na conserxería ou secretaría do centro ou neste enlace:

 

MODELO ED330B

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://wwwedu.xunta.gal/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento ED330B (usando chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión).

Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.

Axuda para libros:

 

  • 0 alumnado de e 2° de Educación Primaria terá dereito á adquisición de vales para a compra de libros. 0 importe será o seguinte:

160 € para as rendas per cápita superiores a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €


240 € para as rendas igual ou inferior a 6.000 €.

 

  • 0 alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% terá dereito a vales para a compra de libros por importe de 300 € con independencia da renda.

 

  • 0 alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.

 

  • 0 alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria terá dereito a axuda do fondo solidario de libros do propio centro. Teñen preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou > 65 (con idependencia da renda obterán 6 libros). 0 resto de alumnado irá por orde inversa (de menor a maior importe) á renda per cápita da unidade familiar. Renda igual ou inferior a 6.000 € (6 libros), renda entre 6.000 e 10.000 e (4 libros).

 

  • 0 alumnado de Necesidades especifícas de apoio educativo (matriculado en 3°, 4°, 5° e 6º de Educación Primaria) terá dereito a vales para a compra de libros por importe de:

160 € (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 €)

240 € (renda igual ou inferior a 6.000€)

 

 

Axuda para material escolar:

Terá dereito o alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. Os importes serán os seguintes:

Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€: 60 €
Renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€: 75 €
Alumnado de educación especial, tutelado pola Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da   renda:     
75 €    

 

 

 

Cálculo da Renda Familiar per cápita:

  • A referencia será o exercicio fiscal de 2022 (renda presentada no ano 2023).

 

  • A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas fisicas.  Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022 o importe é o resultado de sumar as celdas número 435 (base impoñible xeral) + 460 (base impoñible do aforro) e dividir polo número de membros da unidade familiar.

 

  • Os membros da unidade familiar que teñan discapacidade igual ou superior ao 33% ou percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas computarán por 2 no cálculo da unidade familiar.

 

  • Nos casos de violencia de xenero non se teran en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per capita da unidade familiar.

 

Cómputo da unidade familiar: forman parte da unidade familiar a 31 de decembro de 2022 (salvo violencia de xénero ou separación posterior con sentenza e custodia a un proxenitor) os seguintes:

  • Os pais non separados nin divorciados, ou no seu caso titor ou titores do alumnado
  • Os/as fillos/as menores de idade (salvo os emancipados)
  • Os/as fillos/as maiores de idade pero discapacitados ou incapacitados xudicialmente
  • Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unidade familiar cos fillos que teñan en común
  • A persoa (pai ou nai) que teña outra parella (e conviva con ela) formará unidade familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a (salvo custodia compartida)
  • Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar será a constituída polo pai, nai e descendentes (segundo os apartados anteriores)

Documentación:

  • Solicitude asinada (Anexo I) e Anexo II (comprobación de datos)
  • Copia do Iibro de familia ( en casos excepcionais o certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou equivalente do concello)
  • De ser o caso e estar nalgún dos seguintes supostos deberán xustificalo coa documentación correspondente :
    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
    • Certificado grao discapacidade por órgano distinto da Xunta de Galicia
    • Violencia de xénero, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada e resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela

 

Quedarán excluídos das axudas aqueles alumgs que non devolvan os libros adquiridos coas axudas no curso 2023/24 (0 prazo é ata o 21 de xuño) e os que superen os límites de renda

 

0 alumnado de 6° de Ed. Primaria que pasa para o Instituto presentará alí a solicitude (cando o fagan de forma presencial)

 

NOTA IMPORTANTE: No momento de entrega de vales, éstes só se entregarán aos asinantes da solicitude correspondente.

Start: 21/05/2024 19:49

Agora que o curso está a piques de rematar, e malia que no Facebook ou Youtube ,puidéstedes ver algunhas das propostas realizadas este curso polo equipo de biblioteca; non queremos perder a oportunidade de deixárvolas por aqui tamén. Comezamos con esta ben fermosa, lembrádesvos dela?

https://youtu.be/Quy7kS-SeUM?feature=shared

 

Start: 21/05/2024 19:56

Agora que o curso está chegando ao seu fin, non queremos perder a oportunidade de compartir convosco, algunhas das actividades levadas a cabo pola biblioteca. Puidestédes velas no Facebook ou incluso en Youtube, pero porque non lembralas de novo? Comezamos con esta tan fermosa.

https://youtu.be/Quy7kS-SeUM?feature=shared

Sábado Maio 25, 2024
Start: 25/05/2024 12:10

O Día das Bibliotecas é oficialmente o 24 de outubro, pero para calquera bo lector/a é tódolos días do ano. Non perdades nunca a oportunidade de vistala Guiño.

Aqui vos deixamos un video resumo das actividades realizadas para conmemorar este día.

 

 

https://www.facebook.com/100088055559789/videos/1383334102555765

Start: 25/05/2024 13:32

Nesta ocasión puxemos a proba ao noso alumnado, xa que era unha actividade optativa, no tempo de lecer.  Tratábase dunha exposición de xornais, e tiñan que elixir a noticia que máis lles gustase, posteriormente cubrían unha cuadrícula na que figuraba: nome, curso, titular, xornal e data de elección. 

 

 

Start: 25/05/2024 13:52

 

Start: 25/05/2024 13:53

Deixámosvos unhas fotografías deste traballo tan fermoso; así coma o enlace a Youtube, nos non podemos deixar de velo. A vos pasavos igual?

https://youtu.be/xXyNJPbDX68?si=_tlX8MO-nYHQX4wz

Domingo Maio 26, 2024
Start: 26/05/2024 23:42

Distribuir contido