Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Novembro 28, 2022 »
Lun
Start: 28/11/2022 16:44

O pasado venres 25 de novembre, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP recibiron a visita de dúas redeiras de Cariño: Ana e Rocío, que con paciencia e tesón ensináronlles aos nosos nenos/as a arte das redes. Resultou do máis atractivo e motivador para estes nenos/as que se amosaron entusiastas e con gañas de aprender en todo momento. Dámoslles as GRAZAS a estas dúas persoas por ofrecerno e darnos a oportunidade de achegarnos un pouco máis a este oficio que está repuntando no noso pobo e é fundamental para a pesca, sustento de moitas familias do noso entorno.

GRAZAS ANA 

GRAZAS ROCÍO

 

                                                         

Start: 28/11/2022 17:21

O venres 25 de novembro ás 11:30 dirixímonos cara o Concello, onde nos agardaban para facer un acto que fixera  visible as inquedanzas sobre a Violencia de Xénero. Alí plantámos cara coas nosas peticións. Algúns/has nenos /as leron unhas  fermosas poesías. Tamén gardamos un minuto de silencio para recordar a todas as vitimas desta lacra social. Un pequeno xesto que debe servir para seguir traballando para conseguir que  esta situación mude.

 

                                            

Distribuir contido