Eventos
Hoxe recibimos no patio de recreo a antigos alumnos/as do cole, que agora están no IES Cabo Ortegal de Cariño. Viñeron encantados/as a recitarnos unhas fermosas poesías. Algún/has dos/as nosos alumnos/as tamén se animaron e declamaron poesías de Rosalía que aprenderan fai unhas semanas,. Foi un momento moi entrañable.
Aquí vos deixamos unhas fotos do que foi a actividade.
A partir de hoxe podedes deixar no salón de actos do cole as bolsas con roupa e calzado usados. Mariola Solidaria( www.csmariola.com) é a empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2022 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preesciolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!
O Colexio de Cariño convoca un concuros aberto a toda a comunidade educativa para a creación dun logotipo para o noso centro.
Expoñemos a continuación as bases do concurso.
Ánimo a todo o mundo! Participade!