Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 22/03/2018 10:00
Esta semana celebramos o Día Internacional dos Bosques con dúas actividades de reforestación: O mércores 21 de marzo participamos nunha plantación de árbores organizada pola Consellería de Medio Ambiente no concello de Cedeira. Asistiron as alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de E. Primaria. O xoves 22 de marzo acudimos á invitación dos responsables da canteira de Landoi para coñecer os traballos de reforestación e recuperación do manto vexetal desta explotación mineira. Participou o alumnado de quinto e sexto de E. Primaria.
Podes ver máis fotografías das actividades na nosa galería de imaxes.
|
![Events at <em>CEIP Manuel Fraga - Cariño</em> Distribuir contido](/centros/ceipmanuelfraga/misc/feed.png)