Seguimos contando máis contos na BiblioAcuña no mes dos Libros. Desta vez foi Anabel, a mamá de Dani, alumno de Infantil, quen fixo que os máis cativos do cole pasaran uns momentos moi divertidos.
Resumo das actividades do programa "Ti si que es un bo peixe" (22/3/2023).
Despois do chamamento que se fixo dende a BiblioAcuña fai unhas semanas, solicitando contacontos voluntarios entre as familias do noso alumnado, recibimos resposta por parte dunhas mamás que nos fixeron pasar uns momentos lectores moi especiais.
A primeira coa que contamos foi Paloma, a mamá de Emma (unha alumna de segundo), que tivo a todos moi atentos á historia de EL GRÚFALO e máis LA HIJA DEL GRÚFALO.
Os máis maiores puideron escoitar unha versión diferente dalgúns contos clásicos.
VEXO VEO XACOBEO
Na BiblioAcuña celebramos o mes de abril como o mes dos libros. Empezamos celebrando o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil e continuamos con distintas lecturas e actividades para conmemorar o Día do Libro.
Desta vez recibimos a dous peregrinos que nos contaron unha historia moi fermosa sobre o camiño, os peregrinos, a compostela...e cos que aprendemos cousas do Xacobeo.
Vexo, Veo Xacobeo é un programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
Premede aquí para ver as imaxes.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer