VEXO VEO XACOBEO
Na BiblioAcuña celebramos o mes de abril como o mes dos libros. Empezamos celebrando o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil e continuamos con distintas lecturas e actividades para conmemorar o Día do Libro.
Desta vez recibimos a dous peregrinos que nos contaron unha historia moi fermosa sobre o camiño, os peregrinos, a compostela...e cos que aprendemos cousas do Xacobeo.
Vexo, Veo Xacobeo é un programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
Premede aquí para ver as imaxes.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer