1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Fai Click ao teu bocata

Estimadas familias:

A semana pasada tivemos unha visita moi especial relacionada co noso proxecto Aliméntate Ben. Realizamos un pequeno obradoiro no que aprendimos un montón de cousas sobre as propiedades das conservas e acerca de como elaborar uns bocadillos saudables con conservas, queixos galegos, verduras e hortalizas.

Tamén aprendimos moitas cousas sobre a fauna que habita nas rías galegas e as técnicas de pesca utilizadas na pesca de baixura e tamén as da pesca de altura.

Ao finalizar a actividade degustamos uns riquísimos bocadillos elaborados con pan galego, sardiñas en conserva, queixo de San Simón, leituga e tomate.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer