1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Obradoiro de zumes

Como parte do noso proxecto "Aliméntate ben" e coa finalidade de fomentar o consumo de froita fresca entre o alumnado, os nenos e nenas de infantil realizamos un obradoiro de zumes de laranxa.

Deixamos un vídeo resumo do obradoiro:

https://www.facebook.com/reel/167710822893298

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Na BiblioAcuña, ademais das lecturas, tamén fixemos un mural. 

Grazas Merche e alumnado colaborador!!!

LUUUME!

LUUUME! de Andrea Freire

Despois duns días intensos con contacontos moi especiais na BiblioAcuña, pechamos a semana dedicada ao Día do Libro con outra contacontos de altura: Andrea Freire, escritora ourensana de literatura infantil, agasallounos a todos contándonos a súa obra (un album ilustrado) LUUUME!

LUUUME! é unha fermosa historia na que o protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración.

Despois de escoitar a historia os máis cativos tiveron a ocasión de crear coa autora o seu misto. Que chulo lles quedou!!!

Podedes ver as imaxes premendo aquí.

 

 

Lecturas no mes dos Libros

O noso alumnado de infantil volveu pasalo en grande hoxe escoitando os contos que trouxo para eles Silvia, a mamá de Fabio, alumno de terceiro de primaria. 

Moitas grazas mamás!!!

Foi unha semana moi interesante!!!

               

                  

       

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer