LUUUME! de Andrea Freire
Despois duns días intensos con contacontos moi especiais na BiblioAcuña, pechamos a semana dedicada ao Día do Libro con outra contacontos de altura: Andrea Freire, escritora ourensana de literatura infantil, agasallounos a todos contándonos a súa obra (un album ilustrado) LUUUME!
LUUUME! é unha fermosa historia na que o protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración.
Despois de escoitar a historia os máis cativos tiveron a ocasión de crear coa autora o seu misto. Que chulo lles quedou!!!
Podedes ver as imaxes premendo aquí.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer