1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

INICIO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Benvidos ao novo curso escolar:

Todos sabemos que a familia e a escola deben estar unha ao lado da outra á hora de educar. Que os alumnos/as crezan sendo persoas autónomas, competentes e capaces de integrarse plenamente na sociedade é un traballo que todos en conxunto, debemos realizar, xa que, só se todos camiñamos na mesma dirección un neno/a sabrá cal é a dirección que debe tomar.

Todos os profesionais que actualmente formamos parte deste Centro temos a intención de continuar coa laboura que as familias facedes na casa coa educación dos vosos/as fillos/as, polo tanto, queremos contar coa vosa colaboración en todo momento neste proceso de  FORMAR PERSONAS. ¡Contamos con vostedes!

Por iso esperámolos o vindeiro día 11 de setembro para dar comezo ao novo curso escolar  cunha xornada de presentación que comezará as:

Ás 10:00 para os alumnos de educación primaria

Ás 11:00 para os alumnos de educación infantil

Ás 13:00 saída

Ás 14:00 saída dos alumnos de transporte escolar.

 

¡Feliz curso!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer