Skip to Content

Secretaría

RESERVA PRAZA CENTRO ADSCRITO

O prazo para presentar a reserva para 1º de ESO para o IES Escolas Proval (centro adscrito) vai dende o 1 ao 14 de febreiro 2020 (deberán entregar o anexo correspondente no centro actual CEIP MALLÓN).

Os alumn@s que se decanten por outro centro educativo deberán presentar renuncia á praza no IES Escolas Proval (modelo na secretaría do CEIP Mallón) e presentar solicitude de admisón no centro escollido. (MARZO 2020).

*É MOI IMPORTANTE QUE NESTES ÚLTIMOS CASOS SE ENGADAN OUTROS CENTROS COMO 2ª OU 3ª OPCIÓN NA SOLICITUDE PRESENTADA NO CENTRO QUE TEDES COMO 1ª OPCIÓN.

Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e axudas para material escolar para o curso 2018/2019

Para acceder á documentación preme na imaxe.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-21

* O alumnado que desexe continuar no centro ten garantida a permanencia e non terá que facer ningunha xestión.

* O alumnado que quera cambiar de centro deberá comunicar que renuncia á praza e presentar solicitude de admisión no centro que desexe.

DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

- Documentación a entregar.
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión de alumnado.

- Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato. (DOG 1/02/2017).

- Publicación da oferta inicial de postos escolares vacantes.

- Solicitude admisión (Anexo II).

- Documento de información complementaria á matrícula.

- Autorización uso imaxe persoal.

- Alta na app Tokapp School.

- Solicitude de admisión en liña través de: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. ANTES DO 15 DE ABRIL

- Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. ANTES DO 15 DE MAIO

- Formalización de matrícula Ed. Infantil e Primaria. (Anexo III).

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Podedes ver as listaxes no arquivo adxunto.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17

Preme na imaxe para ver as listaxes cos libros de texto para o vindeiro curso 2016-17.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (CURSO 2016-17)

Estimados pais, nais e titores:

Seguindo o disposto pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,na Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, comunicamos que hai tres solicitudes diferentes:

- Fondo solidario de libros de texto: Alumnado que vaia cursar 3º, 4º, 5º ou 6º de EP.

- Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de EP.

- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de EP.

 

Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2014, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 455); cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2014, obtidos da correspondente certificación de imputación de rendas emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 As persoas interesadas en solicitar a axuda deberán entregar no colexio a solicitude ANTES DO 23 de XUÑO (unha por fillo matriculado), aínda que se recomenda facelo o antes posible.

    A documentación que haberá que presentar coa solicitude é a seguinte:

     *Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da Unidade familiar.

     *Se algún dos membros da unidade familiar ten discapacidade con porcentaxe igual o superior ao 33%, fotocopia compulsada do certificado de grao de minusvalidez.

      * No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor deberá presentar documentación que o acredite.

* Documentación acreditativa de situación de violencia de xénero, de ser o caso.

PODEN DESCARGAR O MODELO DE SOLICITUDE NO ARQUIVO ADXUNTO AQUÍ DEBAIXO.

Distribuir contido


by Dr. Radut