Skip to Content

Secretaría

INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL DE 2020 EN RELACIÓN AO DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

ASPECTOS MÁIS SALIENTABLES RECOLLIDOS NAS INSTRUCIÓNS:

RESUMO (PREME AQUÍ)

E

DOCUMENTO COMPLETO

DIRECTRICES 3ª AVALIACIÓN

Á espera da publicación das instruccións da Consellería, adxuntamos orde do BOE en relación ás directrices sobre o 3º trimestre.

Pincha aquí.

AXUDAS USUARI@S COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias usuarias do comedor escolar:

resumimos a información relativa ás axudas para os beneficiarios do comedor escolar.

Poderán solicitar dita axuda (ANTES DO 6 DE ABRIL) as persoas beneficiarias deste programa que:

- TEÑAN GRATUIDADE TOTAL

- ABONEN A CANTIDADE DE 1 EURO

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Porén, no caso de que estas non dispoñan de coñecementos ou medios para facelo é cando requirimos a axuda do equipo directivo do centro escolar onde teñan escolarizados os seus fillos e fillas, para axudalos a facelo, porque será o único xeito para eles de acceder ás tan precisas axudas.

Para iso, os equipos directivos que deban axudar ás familias nesta tramitación terán que solicitar -por vía telefónica 986352859 e/ou correo electrónico- ceip.mallon@edu.xunta.gal os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

TEXTO COMPLETO E ACCESO Á ORDE NO DOG

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Orde do 27 de marzo de 2020 (DOG)

REMISIÓN NOTAS 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias,

co fin de axilizar o proceso de entrega das notas do 2º trimestre pregamos descarguen a aplicación ABALAR MÓBIL. Deberán facelo antes do mércores e unha vez que a teñan descargada e estean rexistrados deberán enviar un correo a ceip.mallon@edu.xunta.gal comunicando que está instalada.

Trátase dunha aplicación gratuita e moi fácil de utilizar.

As persoas que xa a teñan instalada (caso de outros irmáns que a empreguen no instituto) non terán que realizar ningún outro trámite, xa que a aplicación asocia o nº de teléfono do pai/nai con todos os fillos matriculados nos colexios dependentes da Xunta.

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

Estimadas familias,

segundo as instruccións recibidas no día de hoxe por parte da Consellería de Educación, comunicámosvos que o vindeiro venres día 3 de abril recibirides os boletíns coas cualificacións da 2ª avaliación.

Destacamos que teranse en conta os contidos traballados ata o día venres 13 de marzo, último día lectivo previo á declaración do Estado de Alarma.

Os boletíns farémosvoslos chegar individualmente por diferentes medios electrónicos (aínda por concretar).

CONTACTO COAS FAMILIAS

RECORDÁMOSVOS QUE PODEDES CONTACTAR CON NÓS NO SEGUINTE ENDEREZO ELECTRÓNICO:

ceip.mallon@edu.xunta.gal

SUSPENSIÓN PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

ESTIMADAS FAMILIAS, RECORDÁMOSLLES QUE NON ATENDEREMOS A NINGUÉN DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO.

PODEN CONTACTAR CON NÓS DOS SEGUINTES XEITOS:

POR TELÉFONO NO 986352859 DE 10:00 A 13:00

POR CORREO ELECTRÓNICO A TRAVÉS DE ceip.mallon@edu.xunta.gal

AMPLIACIÓN PRAZO DE ENTREGA SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Novas instrucións en relación co COVID-19

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-21

PRAZO DE MATRÍCULA ABERTO!!!

*IMPORTANTE PARA NOVO ALUMNADO NO COLEXIO*

CANDO? DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2020

ONDE? NO PROPIO CENTRO OU A TRAVÉS DE https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

COMO? PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA

 

PODEN RECOLLER OS SOBRES DE MATRÍCULA NA SECRETARÍA DO CENTRO OU BEN DESCARGAR OS DOCUMENTOS AQUÍ ABAIXO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut