COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE 2022/2023
Publicadas no día de hoxe as instruccións (clica AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2022/2023, ábrese o prazo para:
- Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 29 de xuño e o 8 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude clicando AQUÍ.
- Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 29 de xuño ata o 8 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 22 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración clicando AQUÍ.
Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente clicando nas ligazóns de máis arriba.
Se tendens algunha dúbida sobre o procedemento, clicando AQUÍ podedes aclarar as dúbidas máis frecuentes.
Recordade revisar que os impresos estén debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.
Estamos en prazo ademáis de solicitude de novas paradas de transporte escolar para usuarios lexítimos do mesmo, é dicir, aqueles cuxo domicilio estando ubicado dentro da área de escolarización desde centro, está a máis de 2 km do CEIPP A Magdalena. O prazo estará aberto até o 8 de xullo.
Recordamos que os usuarios non lexítimos, aqueles cuxo domicilio estea a menos de 2 km do centro, que queiran solicitar uso excepcional do transporte para o vindeiro curso, terán que cubrir ESTE IMPRESO e entregalo na dirección do centro. Tamén se poderá solicitar na secretaría ou dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucións comedores 2022:23.pdf | 466.93 KB |
Solicitude praza comedor 2022-2023.pdf | 501.35 KB |
Aclaracións comedores 2022-2023.pdf | 230.94 KB |
Solicitude de colaboración comedor 2022-2023.pdf | 216.56 KB |
Solicitude excepcional transporte 2022-2023.pdf | 208.83 KB |