Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Benvida

Benvidos ao

CEIP Plurilingüe de Maceda

 

 

 

Enderezo: Rúa do Castelo 2, 32700 - Maceda

Ensinanza: Educación Infantil e Primaria

Teléfonos:

988 788 890 (Dirección)

988 788 891 (Xefatura, Secretaría e Sala de Profesorado)

 

Correo electrónico: ceip.maceda@edu.xunta.gal

Resultado sorteo da televisión.

Menú de maio.

Convocatoria de axudas ANEAE

O día 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado será dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

De cara a tramitación de ditas axudas remitímosvos a seguinte documentación:

1) Convocatoria das axudas NEAE.

2) Instrucións a ter en conta polos centros de estudos para a tramitación das axudas.

2) O Impreso en papel para solicitar as axudas só volo remitiremos se o pedides, para casos que teñan dificultade de acceso a sede electrónica e precisen facelo inevitablemente en papel.

Nota: Os centros educativos non poderán enviar as solicitudes a esta DirecciónTerritoral de Ourense antes do 13 de setembro de 2024.

Información sobre axudas NEAE e Bolsas de estudo:

https://www.becaseducacion.gob.es

Proceso de admisión

 

 

Hoxe 25 de abril foi publicada a resolución do alumnado admitido para o vindeiro curso 24-25 no CEIPP de Maceda. A resolución pódese ver só no taboleiro de anuncios, no interior do CEIPP de Maceda (por protección de datos). 

 

 

Todas as solicitudes cursadas no centro foron admitidas.

Menú de abril.

Rematan as vacacións e comezamos de novo, aquí está o menú de abril.

Proceso de Admisión

PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

 

Normativa de aplicación

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 O prazo de presentación das solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI) e a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo alegados.

 

Lembre que soamente se pode entregar unha solicitude.

 

A solicitude pode facerse:

 

* de xeito presencial  no centro, priorizando as entregas de 9.30 a 10.20 en secretaría.

 

* de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta

 

 O formulario de solicitude (ED550B):

 

*será facilitado gratuitamente no centro.

 

*pódese descargar no arquivo adxunto nesta páxina

 

*tamén estará na aplicación “admisionalumnado” .Poden cubrir a solicitude nesta aplicación e entregala no centro con todos os apartados cubertos  e asinada debidamente.

 

*Tamén a poden presentar na sede electrónica con certificado dixital ou Chave 365.

 

(instrucións para cubrir a solicitude online)

 

Lembren que a solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II-bis).

 

É importante que cubran a autobaremación (domicilio ou lugar de traballo, renda, irmáns no centro...), pois o que non aleguen non se lles terá en conta á hora de baremar.

 

Para a valoración da renda da unidade familiar, indicarase a cantidade que figure nos recadros base impoñible xeral (Casiña 435) e base impoñible do aforro (Casiña 460)  da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude; no caso de declaracións individuais dos proxenitores, incluiranse ambas.

 

 

 

DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
*Presentación de solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo
*Prazo entrega de documentación (só centros que bareman): 10 días hábiles entre o 21 de marzo e o 11 de abril.
*
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril
*
Prazo de reclamación:cinco días hábiles despois da publicación da listaxe provisional (26 de abril ao 3 de maio).
*
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio
*
Período de matrícula en Educación Infantil e Primaria.:  20 ao 30 xuño

 

Como 1º arquivo adxunto achégase o formulario completo con todos os documentos a asinar e entregar

 

Como 2º arquivo adxunto pódese descargar o mapa da zona de influencia do CEIPP de Maceda

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vacantes para o curso 2024-2025

A continuación figura a listaxe cos postos escolares vacantes para o curso 2024/2025

 

4º de Educación Infantil    20

5º de Educación Infantil     0

6º de Educación Infantil     1

1º de Educación Primaria   0

2º de Educación Primaria   2

3º de Educación Primaria   1

4º de Educación Primaria   0

5º de Educación Primaria   0

6º de Educación Primaria   10

Menú de marzo.

Xa podedes consultar o menú do mes de marzo. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut