Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Obradoiro: fai clic ao teu bocata!

O alumnado do centro gozou no día de hoxe dun obradoiro sobre a alimentación saudable. Así mesmo, cada alumno e alumna puido facer o seu propio bocata. 

Pulsade na imaxe para ver todas as fotos. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiro: fai clic ao teu bocata

Menú maio!

23 de abril: día do libro.

Este martes celebramos no colexio o día do libro. Para iso, creáronse catro stands:

1. Stand de Polos Creativos: onde o alumnado creou un colgador ao que lle engadiron un fío condutor, unha pila e una luz led. 

2. Stand de marcapáxinas: o alumnado desenvolveu un marcapáxinas con origami.

3. Stand facemos un pergamiño: realizaron un pergamiño con debuxos e cantigas relacionadas co proxecto de centro érase unha vez un castelo. 

2. Stand da feira: alumnado intercambiou contos en función do vale de cor que lle tocara. 

Para ver as fotos do alumnado gozando dos diversos stands, soamente deben de pulsar enriba da foto.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 23 de abril: día do libro

Recomendacións Nutricionista

O pasado 10 de marzo tivemos a primeira sesión da Escola de Nais e Pais. Para a ocasión tivemos a oportunidade de escoitar a Ana López Hernández, nutricionista de profesión, que dentro do programa Aliméntate Ben, deu unha charla con recomendacións para as merendas escolares.

Como moitas familias non puideron asistir, Ana enviounos a súa presentación para que todos teñades acceso a ela.

Contacontos de celiaquía

O alumnado de 3º a 6 º de primaria gozou dun espectacular contacontos sobre celiaquía. Fai clic na foto para poder velas todas.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Contacontos de celiaquía

Escola de Nais e Pais

23 de febreiro: día de Rosalía.

O pasado 23 de febreiro celebrouse no colexio o día de Rosalía cuns claligramas realizados polo alumnado do centro.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 23 de febreiro: día de Rosalía

Admisión curso 2023/2024

Dende o mércores día 1 e ata o 2O de marzo (ambos incluídos) permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

No documento aquí ligado pódense consultar as vacantes dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e o prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A solicitude pódese facer de forma telemática ou de forma presencial recollendo o impreso no centro.

 

Documentos solicitude:

 

 

Xornada Portas Abertas

 

Aquelas familias interesadas que non poidan asistir son benvidas a contactar co centro para concertar unha visita e coñecer as instalacións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut