Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Contrato-Programa: CP Innova

Mellora da competencia STEM.

No curso escolar 2022-2023 firmamos un contrato-programa coa Consellería de Educación na modalidade EDUinnova (O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente) para incidir na Competencia MATEMÁTICA e competencia en CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA.

Este contrato co seu plan de mellora vai dirixido a todo o alumnado da etapa de Educación Infantil e o 1ª ciclo de Educación Primaria.

Os obxectivos que pretendemos acadar son:

  • Identificar as dificultades e problemas do alumnado en relación á competencia STEM.
  • Impulsar a formación do profesorado.
  • Introducir metodoloxías activas e innovadoras no ensino da competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería.
  • Mellorar os resultados obtidos polo alumnado en competencia matemática e na competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería.
  • Desenvolver no alumnado o pensamento computacional para fomentar a resolución de problemas e o pensamento crítico.
  • Estimular o interese polas vocacións STEM.
Distribuir contido


by Dr. Radut