Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2020/2021

ENTRADA ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Estimad@s pais /nais do alumnado de 3º EP:

 Rogamos que non acerquen aos seus /súas fillos/as á entrada do colexio antes das 09:00h para que o alumnado de 4º de EP poida utilizar as beirarrúas ás 08:55h, que é o seu horario de entrada.

 Agradecemos de antemán a súa colaboración.

 O Equipo Directivo.

MODIFICACIÓN HORARIO DE ENTRADAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

  Estimadas familias:

 Dada as circunstancias do COVID, as entradas e saídas do centro durante este curso escolar sufriron un cambio. Despois de observar a aglomeración que se produce fóra do recinto escolar, e escoitadas as familias, o horario de entrada para o alumnado de Educación Primaria queda da seguinte maneira:

 Rúa Santo Graal

 ·        2º EP, ás 08:55.

 ·        1º EP, ás 09:00

 Rúa Gallego Tato

 ·        6ºEP, ás 08:55. Polo portalón.

 ·        4ºEP, ás 08:55. Pola cancela pequena.

 ·        5ºEP, ás 09:00. Polo portalón.

 ·        3ºEP, ás 09:00. Pola cancela pequena.

  Organización nas rúas.

 O alumnado colocarase, gardando as distancias de seguridade en todo momento, na fila do seu grupo clase por orde de chegada.

 De antemán agradecemos a súa colaboración.

 Un cordial saúdo.

 

  A Dirección do centro.

 

ACLARACIÓNS ENTRADAS ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O alumnado de Educación Primaria deberá entrar ao centro de forma fluída por orde de chegada, non por cursos, pola porta correspondente.

Os pais/nais deben retirarse das portas no momento de deixar aos seus fillos e as súas fillas para evitar aglomeracións.

Ao non concederse a peonalización da rúa Gallego Tato é importantísimo seguir estas indicacións polo ben de todos. Agradecémosvos a vosa colaboración.

 

Educación Infantil de catro e cinco anos

Dada a fluídez da entrada do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria pola rúa Santo Graal, adiántase o horario de entrada do alumnado de catro e cinco anos de EI ás 09:05 horas.

_________________________________

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CURSO 2018-2019

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O día 19 de xuño celebramos a “Despedida “ do alumnado de 6º de EP. Foi un acto sinxelo e moi emotivo no que as familias dos alumnos e alumnas  poideron estar con eles e elas na entrega do diploma e da foto de cada grupo cos seus profesores e profesoras.

O centro de interese foron os propios alumnos e alumnas que nos deleitaron con diversas actuacións.

Agradecemos ás familias o traballo de decoración  do patio e dos pinchos que nos ofreceron ao rematar o acto.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

 Prema aquí  para ver o calendario escolar 2019-2020.

Segundo o aprobado na Programación Xeral Anual do centro, decláranse días non lectivos o 20 de marzo e o 4 de maio de 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut