8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O tema deste Día é:

"Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio". 

 

ENTROIDO 2019

 

Este ano o Entroido xira en torno á temática escollida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística: O Medio ambiente.

Trátase de que consignas e disfraces sexan elaborados con materiais de refugallo ou de reciclaxe. O tema das comparsas será unha chiscadela á protección do Medio ambiente.

A semana ábrese coa primeira consigna: algo elaborado cunha pinza e péchase o venres co desfile de disfraces a partir das 12:15 horas.

Pola tarde haberá o Festival de Entroido da ANPA.

O claustro de profesores dá as grazas ás familias pola súa colaboración.

Podedes ver máis se picades no enlace da Biblioteca que está a vosa esquerda.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O CEIP Luís Pimentel invita ás familias que desexen visitar o centro con vista á nova matrícula o mércores, día 20, ás 18:15 horas.

Confirmar a asistencia no teléfono 982 212 469.

MELLORAS PARA O ALUMNADO DE EI

No mes de agosto no edificio de EI de tres anos leváronse a cabo reformas nas aulas, elimináronse as barreiras arquitectónicas e mellorouse a seguridades no patio cuberto.

                    

INICIO DE CURSO

BENVIDA AO CURSO 2018/2019

O novo Equipo Directivo formado por:

Mª Teresa Trigo Quiroga, directora; Mónica López Álvarez, xefe de estudos e Ángela Lence Paz, secretaria, dá a benvida a toda a Comunidade Educativa do CEIP Luis Pimentel para o curso 2018/19.

Material Escolar para o curso 2018/2019

Adxúntase a lista de material para o curso 2018/2019.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19

 

Publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19. (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2018).

 

A Orde do 9 de maio de 2018 (DOG de 21 de maio) regula:

-O fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. e  1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

-As axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de EP e educación especial.

-As axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.

 

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda,  sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación na convocatoria do curso 2018/19.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido ou adquirido coas axudas  do curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Presentación de solicitudes e prazo

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18. Deberase achegar coa solicitude Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables e a documentación complementaria recollida no Artigo 12 da mencionada Orde.

  • O prazo comenza o 22 de maio e rematará o 22 de xuño de 2018. 

 

Transparencia e bo goberno

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario publicarase no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

 

Adquisición dos libros de texto e do material escolar

As persoas beneficiarias, unha vez que estean en posesión do vale, poderán adquirir o material e os libros de texto que son obxecto de axudas no establecemento da súa elección.

Powered by Drupal - Design by artinet