Mañá mércores 16 de decembro farase a primeira proba piloto de “Vieiros Escolares Seguros” co alumnado do noso centro. O punto de encontro marcado é a confluencia da Rúa Manuel María (poeta) coa Rúa Santo Graal e o percorrido será ata a entrada do colexio por esta última.
O punto de encontro estará sinalizado por un monitor desde as 08:35h. A saída está prevista sobre as 08:45h con chegada ao colexio ao redor das 08:55h.
Quen queira sumarse aos “Vieiros Escolares Seguros” pode achegarse ao punto de encontro. Cabe sinalar que está ao carón dun dos aparcadoiros disuasorios do Concello de Lugo, o que facilitará a quen leve vehículo que poida aparcar alí.
Tamén pode contactar coa ANPA ou co teléfono 645 623 546 para anotarse. Todas as persoas responsables das nenas e nenos saberán da súa chegada ao centro de ensino mediante mensaxe. Estas últimas recibirán un obsequio pola súa participación.
Na entrada ao centro por Gallego Tato haberá outro monitor que dará información sobre este proxecto que esperemos vaia medrando e o CEIP Luís Pimentel sexa un centro pioneiro na súa implantación.
Agradecemos de antemán toda colaboración.