Skip to Content

Reserva de praza e admisión de alumnado Curso 2024-25

Aquí pódese consultar a información relativa ao proceso de reserva de praza e admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25.

 

                                                                  5º de Educación infantil.  0 vacantes

                                                                  6º de Educación infantil. 0 vacantes

                                                                  1º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  2º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  3º de Educación primaria. 1 vacante

                                                                  4º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  5º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  6º de Educacíon primaria. 0 vacantes

 

MATRICÚLATE NA PÚBLICA

MATRICÚLATE NA PÚBLICA

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 20 de febreiro ás 18:30 horas, celebrarase unha xornada de portas abertas para novo alumnado do curso 2024/2025.Podedes vir a coñecer o noso centro. Faremos un percorrido polas instalaciós e estaremos encantadas de resolver as vosas dúbidas.

Non é preciso confirmar asistencia.

ADMISIÓN 2024/2025

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA. ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1.- Solicitude de reserva: Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar do seu fillo/a no seu centro de adscrición (IES Ánxel Fole), deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A) que se entrgou dende o centro, dende o 15 de xaneiro ata o 05 de febreiro, ambos os dous incluídos.

- Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a) Entregándoa no centro de orixe do alumno (CEIP Luís Pimentel).

b) Entregándoa a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do día 28 de febreiro de 2024 e así poder participar no proceso ordinario de admisión).

- Esta solicitude de reserva ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

- A reserva adquirirá carácter vinculante polo que o/a alumno/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (IES Ánxel Fole).

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS E NOVO ALUMNADO (do 1 ao 20 de marzo)

 

1.- As nais, pais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión no centro elixido utilizando o Anexo II (modelo ED550B) entre o 01 e o 20 de marzo.

 

VOLVEN OS VIEIROS ESCOLARES SEGUROS DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

A partir do luns 25 reiníciase o plan de Vieiros Escolares Seguros do concello de Lugo. No arquivo adxunto tedes toda a información.

Publicados novos documentos en secretaría

No apartado  o centro/secretaría podedes consultar os seguintes documentos, aprobados recentemente no Consello Escolar: PXA 2023/2024, Plan Dixital e as NOF do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut