Nota: As familias que se incorporen agora á realización de tarefas con seguir as actividades que se propoñan de agora en diante é suficiente. Se queredes as actividades en pdf que se mandaron noutras semanas podedes poñervos en contacto vía email e mándovolas sen problema.
TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
Bo día a todos e todas!
Esta semana imos a introducir un pouquiño de verán, repasando roupa que xa coñecemos e algunha nova, pero como inclúe uns "listening" para que asociemos a palabra e o debuxo é moi doado, xa veredes!!
Dúas opcións: por internet coa páxina liveworksheets (se metedes meu correo xa me chega: andrea.otero@edu.xunta.es) ou un par de follas para imprimir. Non é necesario facer todo, o que mellor se vos adapte.
Summer Clothes
Wordsearch
Para rematar, e para recordar vellos tempos, déixovos un vídeo de Mr. Bean intentando facer a maleta para ir de vacacións. Agardo que o desfrutedes!!
Mr Bean - The Holiday Suitcase
TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Ola a todos/as!!
Esta semana imos empezar cun "escape room" de repaso (feito por unha compañeira doutro cole chamada Begoña Urbano), moi sinxelo pero interactivo e chamativo:
Escape Room 1º
Tamén quedan un par de actividades interactivas da páxina Liveworksheets. Non hai que imprimilas nin nada, pódense facer directamente na páxina web. Son de números e do material escolar:
Numbers Worksheet
Classroom Objects worksheet
Classroom objects with listening
Para os que non teñen posibilidade de facer as actividades en liveworksheet.com, achego un documento cunhas actividades similares coa mesma temática. Se facedes unhas non fai falta facer as outras!
A actividade da Radio Trilingüe queda aberta uns días máis por se hai algunha outra aportación, e despois subirase aquí para que as escoitedes. Vai quedar xenial, animádevos se aínda non o fixestes!
TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
Esta semana imos a repasar as cores a través dun Kahoot un pouco máis sinxelo que os anteriores e con máis tempo para responder (2 minutos por pregunta) para que o fagan con calma e sen correr, aínda que se algún se equivoca ou marca algunha sen querer xa sabedes que poden repetir a actividade sen ningún problema.
Kahoot Colours
Por outra banda, imos tratar de facer a primeira radio escolar virtual a distancia de 1ºEP! E para iso vouvos a pedir un audio ou varios (pero que o total non supere os 5 minutos), en principio en inglés, galego ou castelán (penso que pode ser máis divertido se hai fluidez e todos se poden escoitar uns aos outros, e podemos chamarlle Radio Trilingüe) contando algo, por exemplo:
- Unha presentación persoal (por exemplo, en inglés: “My name is…, I’m 7 years old, my favourite song is….” O que queirades.)
- Un chiste
- Un trabalinguas
- Unha adiviña
- Unha anécdota divertida que che gustaría contar aos teus compañeiros
- Unha dedicatoria con canción (a canción xa a pegaría eu)
- Simplemente, falar de algo que che guste ou mandarlle unha mensaxe aos teus compañeiros.
- Ou un pouco de todo, libre elección!
Para gravar, ademáis do móbil, podedes usar a web www.vocaroo.com e despois enviádesmos ao correo andrea.otero@edu.xunta.es co nome e curso do alumno. Se chegan suficientes farei un para cada curso.