14 de abril de 2020
Estimadas familias,
dende a colaboración con todas as mestras de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica do centro, propoñémosvos unha actividade onde os rapaces e rapazas poden tomar conciencia do que está a acontecer dunha maneira lúdica e entretida.
Proporcionamos un material titulado "Cápsula del tiempo COVID19" (podedes atopalo nos adxuntos) onde nos plantexan actividades onde plasmar debuxos, ideas, cartas, fotos... relacionados co que cada neno e nena están expirementando nesta nova etapa. É unha maneira de intentar xeneralizar esta situación excepcional e motivar ó alumnado a seguir o fio dos acontecementos.
Esperamos que sexa da vosa utilidade.
Moito ánimo a todos e todas.
Estimadas familias,
As mestras de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, estimamos oportuno proporcionar material e recursos de reforzo a todo o alumnado n.e.a.e e máis tamén a aquel que queira reforzar o seu aprendizaxe mediante actividades xerais centradas nos procesos cognitivos básicos. Atoparedes os adxuntos a pé de páxina.
Desexamos que se xa da vosa axuda e que poidades ampliar o abanico de recursos cos que motivar e afianzar os contidos escolares.
Moito ánimo e moitísimas grazas pola vosa colaboriación e comprensión.
As mestras: Eva Fernández, Laura Novo, Benita Rico, Raquel Turia e Carmen María Vázquez