Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS NOVAS FAMILIAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS NOVAS FAMILIAS.

Damos a benvida a todas as familias que  queiran achegarse a coñecer  o noso colexio, o CEIP Luís Pimentel, que o próximo curso escolar tamén poderá ser o voso.

Este ano, por mor da COVID-19, a visita non pode ser presencial; pero as nosas compañeiras de Educación Infantil preparáronvos este vídeo onde poderedes ver de forma virtual o colexio dos vosos fillos e fillas se optades por matriculalo ou matriculala aquí.

Esperamos que gocedes coa visita.

Para responder algunhas das vosas posibles preguntas, podedes ler o documento que aparece no arquivo.

 Se tedes algunha dúbida tamén podedes chamar ao teléfono do colexio, mandar un  correo ou visitar a nosa páxina web.

 

Moitas grazas pola vosa visita.

 

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

  ALUMNADO DESTINATARIO.

 1.      O beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

 2.      O non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que:

 a)      Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

b)       Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%    , con independencia da renda da unidade familiar.

ALUMNADO EXENTO DE PRESENTAR SOLICITUDE.

Tal como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar no presente curso 2020/21 será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso NON terá que formalizar ningunha solicitude.

 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

 O prazo para presentar a solicitude (únicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a)  será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

  Para máis información prema no DOG do venres, 13 de novembro de 2020.  

Solicitudes (anexo I, anexo II

 

Máscaras do Concello de Lugo

Dende a Concellería de Educación do Concello de Lugo, faise entrega a través do centro de tres mascarillas reutilizables para as familias de renda mais baixa. Dita información da renda, obtense da relación de beneficiarios máximos da axuda de libros da Xunta de Galicia.

Calquera dúbida que poida xerar esta entrega de máscaras, poden dirixirse ao Concello.

MENUS COMEDOR CURSO 2020/2021

Menús do comedor, curso 2020/2021.

Pódese acceder aos  menús do comedor a través de O centro> instalacións>comedor.

MENUS COMEDOR CURSO 2020/2021

 

 

 

 

 

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut