XXVII SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS.

EXPOSICIÓN VIRTUAL DA XXVII SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS.

A AGRICULTURA EN GALICIA E OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, vense promovendo desde fai anos a realización dunha exposición arredor dun tema central, coincidindo coa Semana Cultural das Letras Galegas. Este ano, debido ás limitacións impostas pola COVID-19, optouse por levala a cabo de forma virtual a través da páxina web do colexio.

 

PICADE AQUÍ PARA ENTRAR NELA.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022.

As listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido estarán expostas no taboleiro interior do centro dende o día 23 de abril ás 14:00 horas.

 

Tamén poderán acceder ás listaxes a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a chave 365 ou certificado dixital.

TRABALLOS REALIZADOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Os traballos realizados polo alumnado no Día Internacional da Muller, podedes velos no enlace de " Actividades Complementarias e extraescolares", á dereita da páxina, ou picando Aquí.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS NOVAS FAMILIAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS NOVAS FAMILIAS.

Damos a benvida a todas as familias que  queiran achegarse a coñecer  o noso colexio, o CEIP Luís Pimentel, que o próximo curso escolar tamén poderá ser o voso.

Este ano, por mor da COVID-19, a visita non pode ser presencial; pero as nosas compañeiras de Educación Infantil preparáronvos este vídeo onde poderedes ver de forma virtual o colexio dos vosos fillos e fillas se optades por matriculalo ou matriculala aquí.

Esperamos que gocedes coa visita.

Para responder algunhas das vosas posibles preguntas, podedes ler o documento que aparece no arquivo.

 Se tedes algunha dúbida tamén podedes chamar ao teléfono do colexio, mandar un  correo ou visitar a nosa páxina web.

 

Moitas grazas pola vosa visita.

 

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

  ALUMNADO DESTINATARIO.

 1.      O beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

 2.      O non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que:

 a)      Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

b)       Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%    , con independencia da renda da unidade familiar.

ALUMNADO EXENTO DE PRESENTAR SOLICITUDE.

Tal como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar no presente curso 2020/21 será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso NON terá que formalizar ningunha solicitude.

 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

 O prazo para presentar a solicitude (únicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a)  será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

  Para máis información prema no DOG do venres, 13 de novembro de 2020.  

Solicitudes (anexo I, anexo II

 

Powered by Drupal - Design by artinet