Skip to Content

EXPOSICIÓN DA XXVI SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Este ano escolar todo o Centro traballou o tema do Medio ambiente. Os traballos realizados polo alumnado centráronse na reciclaxe, no consumo responsable da auga, nas enerxías renovables...podedes ver o resultado se visitades a exposición no vestíbulo do edificio principal.

Damos ás grazas ao pai dunha alumna de 6º de educación Primaria que aportou unha maqueta das "Enerxías renovables" realizada por el. 

 

 

 

 

Para ver máis

PROGRAMA DA XXVI SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

 

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe o alumnado de Educación Infantil pasouno en grande coa actuación da contacontos Nuria García, de Zaragoza. 

LUGO MÁXICO

O día 8 de maio, a maga Martilda visitou ao alumnado de 4º,5º e 6º de Educación primaria que gozou moito coa súa actuación.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 28 e 29 de maio, terá lugar a avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria prevista no artigo 12.7 do Decreto  105/2014 que establece o currículo da LOMCE de Galicia. Esta avaliación terá carácter informativo e orientador para o alumnado e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA NOS CENTROS

O Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, establece que ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, a avaliación de educación primaria recollida no artigo 21 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica. Aplicarase ao alumnado matriculado en sexto de educación primaria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

A aplicación das probas naqueles centros seleccionados realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

De momento, non se sabe que centros están seleccionados.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut