Skip to Content

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CURSO 2018-2019

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O día 19 de xuño celebramos a “Despedida “ do alumnado de 6º de EP. Foi un acto sinxelo e moi emotivo no que as familias dos alumnos e alumnas  poideron estar con eles e elas na entrega do diploma e da foto de cada grupo cos seus profesores e profesoras.

O centro de interese foron os propios alumnos e alumnas que nos deleitaron con diversas actuacións.

Agradecemos ás familias o traballo de decoración  do patio e dos pinchos que nos ofreceron ao rematar o acto.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

 Prema aquí  para ver o calendario escolar 2019-2020.

Segundo o aprobado na Programación Xeral Anual do centro, decláranse días non lectivos o 20 de marzo e o 4 de maio de 2020

AVISO POR MOTIVO DAS OBRAS

AVISO POR MOTIVO DAS OBRAS

Por mor das obras, a secretaría do centro estará pechada a partires do día 9 de xullo. Para calquera petición de certificado ou consulta urxente, poden dirixirse ao seguinte e-mail ceip.luis.pimentel@edu.xunta.es ou ao teléfono 663150783.

Moitas grazas e disculpen as molestias

ENTREGA DE VALES DE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

ENTREGA DE VALES DE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Lembrámoslles que a entrega dos vales de libros de texto e material escolar será en secretaría os días 5 e 8 de xullo.

 

(As familias que non recollan o vale nestas datas, terán que retiralos a partir do 1 de setembro).

 

UNHA MENSAXE POSITIVA "ALUMNADO DE 2ºA"

 

 

        Os nenos e nenas de 2°A gravaron este vídeo no que interpretan a canción de Rozalén e Estopa, titulada "Vivir", en lingua de signos española, para que todo o mundo poda gozar da música e da mensaxe positiva que envía.

                                               

 

 

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

Adxuntamos a relación dos libros de texto e do material escolar para o vindeiro curso escolar, 2019-2020.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut