Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

Escola de Familias: Formación EDIXGAL 13/11 Todas Familias

Sé es pai/nai dun alumno/a de 4º+5º+6º sería moi importante que realizases este obradoiro práctico de ferramentas EDIXGAL para poder axudar ao teu fillo/a.
As demais familias estades todas convidadas ata completar aforo.

É preciso preinscribirse no taller cubrindo este formulario.

Recreos Residuos 0

Pregamos que as familias sexan sensibles ante o gran lixo que se xera nos recreos escolares!!! Axudádenos!!!!
Máis produto natural, máis envases reutilizables sinxelo!!!

 

O centro moi brevemente presentará o seu proxecto ECOLAREDO dentro do Plan Estatal TeachersForFuture.

Estade Atentas!!!

 

 

Matemaxia 4º+5º+6º (06/11)

Relación alumnado Aspirante a Mediador 2019-2020

 Relación de alumnado "Aspirante" que deberá superar o curso de formación, que desenvolverase ao longo do mes de Novemebro, para a selección de mediadores do Dpto. Orientacion e as entrevistas co Orientador para formar parte do Grupo de Persoas Mediadoras do curso 2019-2020 patiosinclusivos. 

 

 

Galería de Fotos e Portas Abertas 13:30 Degustación Familias!!!

Achegamos as primeiras fotos saídas do forno grazas a Edwin e Cristina do ANPA.
Así mesmo convidámosvos a vir ao centro a degustar as vosas terroríficas recetas ás 13:30 no comedor do cole....se queda algo!!!!

Recordatorio SAMAÍN

Concurso Deseño Gráfico Mediación Escolar 5º+6º (04/11)

O Departamento de Orientación lanza un concurso para deseñadores e deseñadoras gráficos, no que o alumnado deberá crear un lema, chapa, camiseta e un logo 3d para a nova quenda de mediadores e mediadoras deste ano...Animádeos!!!! Sede creativos, sede orixinais,... sodes mediadores!!!! Grandes Recompensas!

Aprobada Licitación Medidas de Accesibilidade para o Cole

Hoxe publicouse en Contratos Galicia a Obra Menor que se vai a realizar no centro dende Novembro ata Febreiro de 2020, a instalación dun ascensor e melloras de accesibilidade no noso centro educativo. Agradecemos a administración local e provincial a axilidade nos trámites para poder realizar esta obra tan necesaria no centro.

Distribuir contido