PROXECTOS ACTUAIS DE CENTRO CURSO 2023-2024 |
|
PROXECTO ANUAL DE CENTRO - Traballo por proxectos EI - EP "A rebolos por Galicia" Ola Familias! Este curso imos lanzar propostas de actividades en Lingua Galega desde Dinamización e Biblioteca para facer en familia ou de forma autónoma cada alumno. Por cada actividade realizada, conseguirase un carimbo para poñer nunha credencial que se dará a cada alumno/a. E, ao final do curso, un “Diploma da Lingua” e outras sorpresas!! Estas son as Normas da Credencial da Lingua: Estamparase un carimbo por cada actividade realizada en familia ou no colexio. As actividades deberán ir sempre en LINGUA GALEGA; as que veñan en outras linguas non se darán por válidas. Nun més pódense ter varios selos. É necesario ter, polo menos, un selo cada mes para conseguir o diploma. Contan as actividades propostas por Dinamización, a Biblioteca , polas titorías ou polos distintos especialistas. Os traballos enviaranse preferentemente por correo electrónico para subirse á páxina do colexio. Os correos serán biblio@ceipdelaredo.com , musica@ceipdelaredo.com ou outro que figure na convocatoria.
|
|
O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG)- "Galiña Azul" é un órgano consultivo e dinamizador do noso centro o para os eidos lingüístico e cultural. Forma parte da estrutura administrativa, docente e didáctica dos centros e está integrado por profesorado dos distintos niveis. Regulado polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, a súa función primordial é conseguir un uso normalizado da lingua galega na escola. No EDLG damos pasos a prol da promoción do galego.
|
|
REFORZATE + Máis info: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Colabora: Consellería de Educación |
|
INICIATIVA ARCO Durante este curso escolar 2022-2023, o centro participa na Iniciativa "Arco", dentro do programa de de orientación e reforzo para o avance no apoio na educación. Trátase dun programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa Operativo de Emprego, Formación e Educación Máis info: equipodirectivo@ceipdelaredo.com |
|
PROXECTOS | INCLUSIÓN |
A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) 2022/23 constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
Igualmente,CPInclúe está en consonancia coas pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa, para o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras. En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:
|
|
PROXECTOS | STEM |
El CP Innova es una iniciativa de innovación educativa desarrollada desde la Consellería de Cultura, Educación y Universidad para proporcionarles a los centros docentes públicos una estrategia de mejora de la calidad de la enseñanza. Esta iniciativa consta de 5 modalidades:
|
|
CENTRO EDIXGAL 5º+6º O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e doutros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria.
|
|
DIGICRAFT // 3º+4º+5º+6º O centro pertence a rede de centros de róbótica educativa dotado de packs de mbots e impresoras 3d para o seu uso curricular O centro dinamiza o traballo por proxectos en materia STEM con retos semanais para a realización por parte do alumnado. Ver: http://retosstem.ceipdelaredo.com CLUB DE HUMANIDADES (CIENCIA E IGUALDADE) // Extraescolar Xaneiro 2022 Dentro das dinámicas do centro incluídas nas dinámicas STEM, que pretende traballar o ámbito científico e o universo, presentámosvos a creación do noso Club de Ciencia: LAREDOLAB 361º en colaboración coa Xunta de Galicia. Tendo por finalidades traballar as materias STEM (science, technology, engineering y mathematics) en base a proxectos lúdicos de ciencia e experimentación onde haberá un fomento da presencia feminina (discriminación positiva) neste eido científico-tecnolóxico. O alumnado pertencente ao clube, realizará experimentos didácticos (fluídos, materias, ópticos, motrices…) elaborará proxectos baseados nas matemáticas/tecnoloxías e construirá/creará obxectos con diferentes soportes e ferramentas. Ver: http://clubciencia.ceipdelaredo.com
|
|
PROXECTOS | SOCIAIS |
CENTRO GRADUADO EDUCACIÓN EMOCIONAL e CONVIVENCIA Somos un dos 8 centros en Galicia seleccionados para realizar un innovador proxecto de desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade baixo a financiación da Fundación Botín, Fundación Barrie e a Consellería de Educación. Un proxecto que durará 3 anos no que os docentes do centro formaranse nos devanditos 3 eidos, realizaranse obradoiros para as familias e o alumnado traballará dunha maneira directa e vivencial o aspecto socioemocional. O centro poderá nutrirse de recursos exclusivos, así como ter acceso a persoal especializado nesas materias e contribuír nos informes anuais internacionais sobre boas prácticas. Unha nova oportunidade para diversificar metodolóxica e curricularmente o noso centro en base a demanda social dunha educación emocional que xere alumnado máis competente, autónomo e motivado. |
|
FARO DA ESCOLA O centro colabora co Faro de Vigo na formación do alumnado como redactores do seu contorno máis inmediato con obradoiros de imaxe, texto, maquetación, impresión así como xuntanzas intercentros. Así mesmo posibilita a creación dun periodico escolar a cargo do alumnado. Máis info: ep6@ceipdelaredo.com |
|
ESCOLA DE NAIS/PAIS Segundo RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a consellería apoia á creación e ao funcionamento das escolas de nais e pais reguladas pola Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. por todo iso constitúese no centro unha Escola de Pais e Nais para satisfacer unha demanda crecente. A finalidade e de xerar un punto de encontro entre profesionais de diferentes ámbitos educativos co gallo de fornecer a relación directa entre familia escola sobre temáticas de interese no centro educativo. Por todo iso o Dpto. de Orientación programa unha serie de charlas baixo unha temática para este curso 2018-2019 Apúntate: http://anpa.ceipdelaredo.com |
|
Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD
O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares. |
|
PROXECTOS | MEDIO AMBIENTE |
VOZ NATURA - HORTA ESCOLAR - Proxecto permanente no que alumnado planta, cuida e cultiva diferentes especies no centro, para o seu disfrute, parendizaxe e consumo. Todo realizado con material de refugallo onde a reciclaxe/compostaxe e o coidado e sustentabilidade do medio é unha constante. Máis info: ep5@ceipdelaredo.com |
|
PROXECTOS |
SEGURIDADE |
PLAN DIRECTOR Ofrece a los centros docentes charlas informativas/formativas sobre temáticas cómo: acoso escolar, drogas y alcohol, violencia de género, nuevas tecnologías, bandas juveniles, etc.; charlas impartidas por personas expertas de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y dirigidas al conjunto de la comunidad educativa (alumnado, profesorado, familias). Máis info: ep6@ceipdelaredo.com |
|
PROXECTOS |
SAÚDE |
ALIMÉNTATE BEN - FROITAS - LACTEOS NA ESCOLA Ao longo do ano o centro establece 3 meses de fomento do consumo de froita e leite. Para sensibilizar aos rapaces no consumo de devanditos alimentos así como probar diferentes formas de consumo non cotías dende unha entorna educativa. Máis info: ep5@ceipdelaredo.com |
|
PROXECTOS |
INTERCAMBIO |
eTwinning es la comunidad de centros escolares de Europa. Ofrece una plataforma a los equipos educativos (profesorado, miembros de equipos directivos, miembros de equipos de biblioteca y recursos, etc.) de los centros escolares europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desarrollar proyectos o lo que es lo mismo, sentirse y formar parte de la comunidad educativa más atractiva de Europa. | |