CONVIVENCIA e BENESTAR EMOCIONAL

 

ACTUACIÓNS CURSO 2023-2024

//En Breve\\
Pendente de aprobación consello escolar

//En Breve\\
Pendente de aprobación consello escolar

ACTUACIÓNS CURSO 2022-2023


MARATON SOLIDARIO DAS LETRAS

 

XXVIII Maratón intercentros e interxeracional or ganizado e celebrado polo centro co gallo das letras galegas e dunha convivencia saudable.

 FORMACI. EDUC. RESPONSABLE

VII ano de formación do profesorado e alumnado e colaboración con outros centros da rede en erducación emocional. Centro Graduado

https://www.educacionresponsable.org

 LAREDO NUN DIA 2023

Baseada no concepto da película Life in a Day, dirigida por Kevin Macdonald y producida por Ridley Scott, e  Spain in a Day dirixida por Isabel Coixet, é despois do gran éxito da 1ª edición no 2018, presentamos "Laredo nuns Días: 2ª Edición" coa intención de dar vida e voz as historias da nosa comunidade educativa e co obxetivo de traballar a educ. emocial do alumnado e crear unha película gravada polas familias, no que se reflitan medos, alegrías e soños da nosa entorna favorecendo a creación dunha película social de corte educativo e innovador creada e rodada por todos vós, que faga espertar ese cineasta que todos levamos dentro...anímaste?  

https://laredonundia.ceipdelaredo.com

 

SEMANA DA INCLUSIÓN

O longo da semana facemos actividades propostas polo Departamento de Orientación e organizadas para os difernetes niveis educativos como : -Talleres de Signar , un proxecto educativo promovido e financiado pola Concello de Redondela, que procura achegar a realidade da Comunidade Xorda e a Lingua de signos á infancia e mocidade redondelá. Este taller foi realizado por todo o centro. O longo da semana usaremos saúdos e formas de cortesía en lingua de signos. -Talleres "Como o farías? Diferentes talleres nos que se atoparán dificultades que teñen as persoas con algún tipo de discapacidade como pintar coa boca, atopar algo cos ollos pechados, etc. -Visita da Asociación Discamino ,  o noso alumnado tivo a sorte de vivenciar que sente unha persoa cega cando a levan nunha bicicleta 

 

MEDIADORAS DE LAREDO

Proxecto de Mediación, comprende un completo programa formativo (de 10h de duración) dirixido ao alumnado de 5º+6º EP que se formará como mediador no centro educativo cunhas funcións específicas de indentificación e resolución de conflitos fundamentado no famoso método KIVA Finlandés. Unha vez este a brigada de mediadores/as está formado na resolución de conflitos, patrulla polo patio (coas súas gorras e chalecos distintivos) na hora do recreo para mediar entre igual. Para elo dispoñen do seu espazo e tempo

 COOPERATIVISMO NO ENSINO

 

  • Daman Org:Asociación sen ánimo de lucro  enviou todos os nosos agasallos, feitos nas clases de plástica , aos  amigos/as de Senegal.
  • Asociación Galiclown: Polo Día da Paz , unimos Circo+ Paz, e saiunos un tema para investigar marabilloso: as ONGs que percorren os lugares en conflicto espallados polo mundo para levar un intre de diversión e sorrisos á xente que o precisa. .Iso fan os pallasos da ONG "Galiclown", repartindo sorrisos polos hospitais de Galicia.
  • Asociación "Lápices de cores"O alumnado de 1º ciclo tivo unha xornada inolvidable chea de aprendizaxes valiosas, compañerismo, solidaridade, equipo, emprendemento ,economía, colaboración e moitas emocións no mercadillo solidario de Chapela.
  • Asociación ArelaA Asociación ARELA ,que ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social ,visitounos para darnos unha charla.Grazas a esta visita coñecimos un pouco máis sobre asociación e tamén a riqueza da cultura xitana, tendo en conta que temos alumnado xitano.
  • Amartumar Taller de marisqueo para todo o ciclo de Educación Infantil do cole da man da Asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes. Desfrutamos descubrindo os tesouros que agocha a nosa benquerida Praia de Arealonga.

 

 

 LECTURA CREACIÓN E CONVIVENCIA

 

"Espallando a tinta" trátase dunha feria literaria, unha xornada de convivencia cos outroscentros do concello no que mostrar e compartir os traballos de escritura creativa realizados ao longo dos meses. Así, compartimos con todos eles a "nosa Rosalía de Castro", unha merecida homenaxe a esta gran literata exemplo para todos nós. No caso da proposta de "Lectura na rúa", os centros do Concello participamos nunha xornadade convicencia na que se festexa o Día do Libro compartindo lecturas nunha auténtica festa da lectura. E non nos podemos esquecer no noso Club de lectura "Arealonga" na que todos os mércores pais, alumnos e mestres reunímonos para comentar distintas obras da nosa literatura. Unha iniciativa sen dúbida interesantísima para compartir tempo de lectura en familia. Igual que a proposta da "Mochila viaxeira" que chega a casa de cada alumno/a 

 

INTERXENERACIONAIS

Todos os anos convidamos aos nosos avós a que non acompañen nunha xornada escolar. E eses días son eles os protagonistas. Comparten con nós un montón de cousas: explicannos as súas profesións (algunhas delas que xa nin existen), como era o seu día a día no fogar e nas vilas sen tantos adiantos,  as diferenzas entre homes e mulleres pois a igualdade era algo aínda moi lonxe de acadar. Os máis atrevido/as ensínanos as súas paixóns e entretementos, aos que agora adican o seu tempo e lecer. E contamos con algún concerto improvisado, e entre gaitas e pandeiretas, tanto os avós coma nós deleitámonos con algún paso de baile. 

 

IGUALDADE

 

 

 

Ao longo do curso realizáronse números actividades relacionadas coa igualdade , tema cada vez máis presente no noso centro. Actividades que fixeron reflexionar ao noso alumnado sobre a violencia de xénero, micromachismos, hipersexualización, empoderamento das nenas sen deixar atrás o  empoderamento dos nenos ,  estar a gusto co seu corpo, ... todo a través de pequenas funcións teatrais, obradoiros prácticos, xogos, contos, murais,charlas, cancións,.. 

ESCOLA FAMILIAS

Arranca Escola de familias este curso 22/23  cunha charla sobre "intelixencia emocional infantil e adolescentes inadaptados"  da man de Daniel Novoa, Psicólogo. En xaneiro a nosa Escola de familias realiza un taller práctico para as familias sobre a autoestima . Un sábado ao mes de 10:30 a 13:00 h Taller de intelixencia emocional , no que se tratan temas como: coidando corpo e mente , autoestima e autocontrol, roles na casa, negociación e límites,... No segundo trimestre taller de xestión de conflitos , emocións e proxectos de familia " porque os nosos fillos non veñen cun manual debaixo do brazo". 

OUTRAS ACTUACIÓNS

PROGRAMA MEDIADORAS

Dentro do Plan de Convivencia do Centro, recóllense entre outros aspectos, a resolución pacífica dos conflitos da comunidade educativa a través de, entre outros, a MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS. Tomando como marco legal a LEI 4/2011 de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015 de 8 de xaneiro que a desenvolve , artéllase o “Programa de Mediación entre Iguais”, co que pretendemos que os alumnos desenvolvan habilidades sociais , estratexias de resolución de conflitos, ... Este programa comeza cada curso escolar dende o mes de outubro  cun periodo de formación (alumnado de 5º+6º) dunha semana por parte do Dpto. de Orientación.

A “Mediación entre Iguais”, defínese cómo un proceso de resolución de conflitos entre dúas partes (dous alumnos/as ou máis), na que unha terceira parte neutral (o mediador/a), axuda a que as partes en conflito atopen unha solución. É un proceso voluntario e confidencial. O alumnado mediador non propón solucións, senón que axuda aos alumnos/as en conflito a chegar por sí mesmos/as a un acordo satisfactorio.

 

 RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL MIL GRÚAS POLA PAZ DE CHAPELA A XAPÓN

A nosa viaxe pola paz chegou a Hirsohima e favoreceu que o noso alcalde estivera dentro do rexistro mundial de alcaldes pola paz.

Ver proxecto

GUÍAS PSICOPEDAGÓXICAS PARA AS FAMILIAS

Guías seleccionadas polo Dpto. de Orientación de todo tipo para asesoramento das familias en problemáticas comúns do desenvolemento do rapaz de 3-12 anos

Ver guias: http://orientacion.ceipdelaredo.com

 

CÁPSULA DO TEMPO

Unha cápsula do tempo que viaxará dende o 2017 ata 2030 a cal se abrirá o 20 de Novembro coincidido co Día internacional da Infancia.

Que cousas nos gustan do mundo? Como imaxinas o cole do futuro? Cómo serás de maior? Que che gustaría enviar ao futuro? Que mellorariamos? Que mundo queremos para os nenos e nenas do 2030? Que imos facer para conseguilo?

Comezo Xuño 2017

Ver proxecto: http://capsuladotempo.ceipdelaredo.com

RECOMENDACIONES SOBRE EL USO DE LAS REDES SOCIALES

¿Cómo reacciono si mi hijo recibe un correo insultante o amenazante? En la sección "Riesgos y amenazas en Internet" del Módulo "Internet. La revolución del S. XXI" se explica cómo actuar ante algunos de los principales peligros que pueden hallarse en la red. En la sección "Pautas de actuación para padres" del Módulo "Qué pueden hacer las familias" encontramos las webs y los teléfonos de las Fuerzas de Seguridad del Estado.

YO SOY EL OTRO

Secuencia didáctica para el reconocimiento de situaciones de discriminación. Los cinco objetos que la componen simulan casos en los que se fomenta que el alumnado participa en proyectos de integración

DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA CONVIVENCIA NO CENTRO