Laredo nun Día (LND2018)

 

  

PARTICIPAMOS NOS SEGUÍNTES CERTAMES NACIONAIS E INTERNACIONAIS

QUE É LAREDO NUN DÍA

Baseada no concepto da película Life in a Day, dirigida por Kevin Macdonald y producida por Ridley Scott, e  Spain in a Day dirixida por Isabel Coixet, presentamos "Laredo nun Día" coa intención de dar vida e voz as historias da nosa comunidade educativa e co obxetivo de traballar a educ. emocial do alumnado e crear unha película gravada polas familias, no que se reflitan medos, alegrías e soños da nosa entorna favorecendo a creación dunha película social de corte educativo e innovador creada e rodada por todos vós, que faga espertar ese cineasta que todos levamos dentro...anímaste? 

RECOMENDACIÓNS
  • Grava o 10 de Marzo do 2018 en calquera das 24 horas. do día O 10 de Marzo de 2018 é o día elexido para que sexa o día "Laredo nun Día!" Todos os vídeos debense Gravar nesta data coas historias que ocurran nese día concreto. Non se aceptarán Gravacións de datas anteriores ou posteriores.
  • Grava en soporte dixital co dispositivo que prefiras. O soporte ten que ser dixital, non se aceptan formatos analóxicos. Pero podes utilizar cámaras, teléfonos ou tabletas...
  • Grava en formato horizontal. As películas proyectanse en formato horizontal por iso a Gravación debe facerse nese formato. As imaxes Gravadas en vertical non se poderán incluir na película.
  • Grava na mayor calidade posible (HD). No dispositivo con que vais a Gravar debes elexir preferiblemente a calidade HD.
  • Grava coa maior luz posible. Fuxe da contraluz dentro ou fóra da casa!, acende todas as luces en casa !!
  • Grava o que queiras. Sempre que non fagas dano na integridad a outros O vídeo que envíes non debe incluír contido ofensivo.
  • Grava dende lugar do mundo onde te atopes. Sempre que grabes o devandito día podes Gravar onde queiras que estés, non só en España. As historias dos Redondelás no extranxeiro poden formar parte da película.
  • Grava vídeos de duración inferior a 1 minuto. Non hai limitacions a cantidade de vídeos que podes enviarnos en diferentes sitios e diferentes momentos do día. 
  • Grava escenas reais. Pedímosche que documentes o teu mundo durante o transcurso dun só día. Esperamos que a mayoría dos vídeos contengan material documental pero, si pensas que o teu mundo captase mellor a través da narración de ficción ou incluso a animación, eres libre de facelo.
  • Non edites ou montes as imaxes. Estamos buscando vídeo limpo, e dicir, imaxes sen nengún tipo de tratamiento, coas cales poder crear finalmente a película.

 

ACLARACIÓNS
  • ¿Cómo envío os vídeos? Do 12 de Marzo de 2018 ata o 18 de Marzo 2018 envía o video por correo electrónico a laredonundia@ceipdelaredo.com se pesa moito podes utilizar, wetransfer, dropbox, Gdrive e ou similar!
  • ¿Que debo poñer no mail? Debes poñer no asunto: LaredoNunDIA e no corpo do mail: Hora e Lugar da gravación e nome do alumno/familia. Lembra de achegar o vídeo!!!
  • Qué prazo teño para enviar os vídeos? O prazo límite para o envío de videos será o 18 de Marzo de 2018. 
  • ¿Qué sucede despois do envío? Cada vídeo será visto e catalogado. Se o teu vídeo é seleccionado para a montaxe final nos poremos en contacto contigo enviandote un mail.
  • ¿Cando e cómo podré ver o resultado final? “Laredo nun día” será un largometraxe documental que estrearase nunha premiere de gala no Multiusos do Piñeiral do Crego en 2018. Todas as familias e alumnado participantes estarán convidadas ao estreno. Posteriormente subirase a canle de youtube do centro educativo.
  • ¿Aparecerá o meu nome na película? O teu nome aparecerá durante e nos títulos de crédito da película como codirector/a.
  • E despois qué? O vídeo formará parte dunha exposición para a Fundac. Botín sobre o traballo das emocións na escola e concorrerá a certames escolares cinematográficos como OUFF  e CANS  enrte outras en formato de curta e mediametraxe.

 

IDEAS
  • Un momento especial xunto aos teus fillos/as. A relación entre pais e fillos é unha das cousas maís especiais do mundo; tamén pode ser o tema do teu vídeo, sexan bebés, nenos ou adolescentes . Por exemplo, ensinar a montar en bici, patín, lendo un conto, escoitando música...
  • Momento MasterChef. Amosanos a túa laconada, as paellas, a tortilla de pataca, o xamón... en fin, todos eses pratos que converten a nosa comida nunha das máis recoñecidas do mundo. Grava a quen cociñe na casa, ou Gravate a ti mismo facendo o prato que mellor saibas facer.
  • Suda a gota gorda. Queremos verte facendo deporte, sexa o que sexa: running, crossfit, escalada, natación, surf, fútbol, baloncesto, paracaidismo... ¡Cualquer deporte que practiques!
  • Amosa ao  mundo unha sorpresa. ¿Esperando a un novo membro da familia? Boda, bautizo, cumpreanos? Trátase dun momento emotivo e íntimo, sería un gran agasallo poder mostrarlle a esa persoa como protagonizou unha película. 
  • ¡Sal a rúa e manifiéstate! Hai algunha causa que mereza a pena ser defendida e reivindicada? Se che manifiestas ese sábado, colle a cámara e cónntanos as historias personais detrás diso polo que protestas. 
  • "Y eso es lo que quiero... ¡Besos!" Bésate e abrázate. Ao final é a forma máis primitiva, humana e cercana de amosar cariño. Colle a cámara e besa ao teu irmá, ao teu pai/nai, ao teus fillos, ao teu can, aos teus amigos...
  • Bótalle un ollo a "Life in a Day" e terás moreas de ideas moi interesantes!!!

 Lembra que os vídeos que fagas deben ser Gravados o 10 de Marzo de 2018. Iso sí, tes un poco máis de marxe para envialos: ata o 18 de Marzo de 2018.