RETO 5. Credencial da Lingua "A Paz"

Estimadas familias:

Achégase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA e lanzamos o Reto 5 da Credencial da lingua.

Desta vez deberedes facer a silueta de unha das vosas mans e escribir dentro algunha reflexión sobre que é a Paz para vós, intencións para mellorar a convivencia, un poema ou canción , rexeitamento das guerras,...ou, simplemente un debuxo alusivo á Paz. Lembrade que o que escribades debe ir en LINGUA GALEGA .

As "mans" deberán entregarse antes do día 26 de xaneiro ás titoras para gañar un novo carimbo no pasaporte da lingua.

Moitas grazas pola vosa participación!