Blogues

Club Lectura: 6ª Sesión "Novelas Gráficas II"

Prezados e prezadas lecturaclubistas de Laredo:

O próximo mércores, 16 de novembro, ás 15:45 celebraremos a sexta sesión do club na biblioteca do cole.

Dedicaremos a primeira parte da sesión a prepara a presentación do encontro que o mércores seguinte teremos con Iria Misa, a autora de A cidade do átomo.

Revisaremos os enigmas que sobre o libro resolvemos hai quince días.

2º Clasificados en Galicia II Edición de Ciberseguridade na Escola.

Estamos de noraboa, quedamos 2º de toda Galicia na gran final da II edición do certame Ciberseguridade no cole!, promovido por Telefónica, no que participaron máis de 3.000 alumnos de 157 clases pertencentes a 78 centros educativos de toda Galicia.

Carreiras Campo a través 2º a 6º EP 09/11/2022

O vindeiro día 9 de Novembro o alumnado dende  2º a 6º de EP participará nunha actividade deportiva xunto con outros centros da zona, nas inmediacións do embalse de Zamáns – Galiñeiro.

Terán actividades varias de convivencia e de orientación así como a devantita carreira local (individual e por equipos) con percorridos dende os 500/700/1200m.

Club Lectura: 5ª Sesión "Novelas Gráficas"

Prezados e prezadas lecturaclubistas de Laredo:

O próximo mércores, 9 de novembro, ás 15:45 celebraremos a quinta sesión do club na biblioteca do cole.

Dedicaremos a primeira parte da sesión a resolver entre todos os enigmas da serie Os minimortos de Ledicia Costas.

Despois da pausa da merenda, presentaremos e repartiremos os exemplares dos tres libros de novela gráfica que leremos até a chegada do Nadal:

Celebración MAGOSTO 04/11/2022

Estimadas Familias;

Como todos os cursos, chegou o Outono, e con el , o Magosto! Este ano queremos celebralo por todo o alto e rodeados de natureza, polo que faremos unha pequena excursión ao monte para sumerxirnos nun bosque plenamente outonal.

Club Lectura: 4ª Sesión "Os minimortos"

Prezados e prezadas lecturaclubistas de Laredo: O próximo mércores, 2 de novembro, ás 15:45 celebraremos a cuarta sesión do club na biblioteca do cole.

Con motivo do Samaín dedicaremos a primeira parte da sesión á presentación de cada un dos cinco volumes da serie Os minimortos de Ledicia Costas. Bo Samaín! Pasade moito medo e aproveitade para vivilo tamén lendo Os minimortos!!!

Samaín 2022 28/10

Estimadas familias; Chegou o Samaín!

E este curso temos preparadas estas actividades;

Distribuir contido