RETO 6: DÍA DE ROSALÍA, 23 DE FEBREIRO

Achégase o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, unha data importante no noso colexio, pois sempre nos gosta homenaxear a esta importantísima escritora para a nosa lingua e cultura.

Desta vez lanzámosvos o seguinte reto: facer un acróstico co nome "Rosalía". Un acróstico é un poema no que cada verso comeza por unha das letras que conforman un nome de xeito que, se lemos as primeiras letras de cada verso, temos o nome da persoa á que lle adicamos o poema.

  • 3º+2º+1º EP podedes sustituír o verso por unha palabra que defina á escritora.
  • Educ. Infantil poden facer un debuxo que comece pola letra correspondente.

Exemplo: Raios de luz na súa poesía, Ondas de palabras que bailan, Siluetas de emoción no seu canto, Amor e versos entrelazados, Letras que flúen coma ríos, Intimas confidencias na súa rima, a Alma da poeta, rosalía.

Os acrósticos serán entregados ás titoras, manuscritos e decorados en medio folio con bolígrafos ou rotuladores (non vale lápis!) , antes do día 22 de febreiro.

Grazas pola vosa participación!