Entroido na Biblioteca de Chapela

Na biblioteca de Chapela animámosvos a gozar do Carnaval pintando máscaras con cartón de refugallo.

  • Nós poñemos os materiais.
  • Vós (Nenos e Grandes) só tedes que poñer a imaxinación, o enxeño…. e as vosas mans!

Podedes facer máscaras e deixalas na biblioteca para que as vexan todos os lectores durante estes días… ou levalas para a casa.

E, por suposto, podedes vir cos vosos disfraces.

Sala Infantil da Biblioteca Xela Arias

  • Xoves 8 e Venres 9: de 16:66 a 21:00 h.
  • Luns 12, martes 13, mércores 14: de 9:00 a 14:00 h.