ANPA: Apadriña un Pingüín gratuitamente. Coida o Planeta!

Dende o ANPA animámosche a que apadriñes un pingüín

É unha campaña do Ministerio do Interior que é totalmente gratuíta. Mediante a adopción dos pingüíns de Isla Decepción, uniráse a esta iniciativa e axudará a difundir o compromiso co coidado do medio ambiente, para que deste xeito, entre todos podamos facer do planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza. 

O pingüín que apadriñe conseguirá sobrevivir e converterse nun pingüín adulto, capaz de procrear e coidar dos seus pitos cumprindo así una das fases do seu ciclo vital. Para realizar o apadriñamento, únicamente ten que acceder a https://antartida.defensa.gob.es/acceda/apadrinamiento#form

Unha vez cumprimentado e enviado,¡Enseguida recibirá o seu diploma do apadriñamento! 

Cando o teñas se queres pódesnolo enviar a través do correo extraescolares@ceipdelaredo.com poñendo no asunto "APADRINA UN PINGÜÍN" antes do 1 de marzo e expoñeremos todos os diplomas na entrada do centro para transmitirlle ao Ministerio que o CEIP de Laredo coida do planeta. 

Esta iniciativa non é só para os alumnos/as do centro senon que tamén as familas (pais, nais, irmáns....) poden participar neste proxecto.