Blogues

Obra de Teatro "A Galiña Azul" 31/03 18h (Entrada de Balde)

O vindeiro venres 31 de marzo no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, terá lugar a función teatral da obra A Galiña Azul, de Carlos Casares, a cargo do grupo Ubú teatro. O acto terá lugar ás 18:00 horas e a entrada é de balde.

Entrega de Premios Periodicos Faro Escola 5º+6º (29/03)

  

Como xa sabedes, Faro da Escola e un dos proxectos nos que vimos participando ao longo destes últimos cursos.

Esta iniciativa, implementada nas etapas educativas de educación infantil e primaria, ten como obxecto achegar ao alumnado as técnicas xornalísticas.

Saída Concerto Didáctico "A MARAVILLOSA HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA" 5º+6º (24/03)

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistirá o vindeiro venres 24 de marzo ó concerto didáctico: “A MARAVILLOSA HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA”. 

Relación Informativa de solicitudes admisión curso 2017-2018

 

Relación informativa de alumnos/as (ver pdf) que fixeron solicitude (xa validada) no centro.

Información Matrículas 2017-2018

Acábase de pechar a día de hoxe o periodo de admisión ordinario de matrícula no centro; Todas as solicitudes presentadas están admitidas, salvo adendas de forma que se irán rectificando persoalmente coas familias.

A demanda de admisións polas familias non superou a oferta realizada polo centro en nengún curso, así que de maneira provisional e informativa as solicitudes estan aceptadas.

Campamento de Semana Santa 2017...anímaste?

Como  todos os anos abrimos as prazas para o CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA 2017 os días 10,11,12 e 17 de abril no noso centro de 09 a 16h, organizado polo ANPA para que poidades conciliar a vida laboral e familiar. 

Toda a información do campamento e inscripcións en: http://campamento.ceipdelaredo.com

Distribuir contido