Saída Concerto"Gatuxo" - Infantil (04/05)

O vindeiro xoves, 4 de maio, o alumnado de Educación Infantil ten unha cita con Magín Blanco no Tatro GracÍa Barbón de Vigo para asisitir ao seu concerto didáctico: “GATUXO" .

"GATUXO" é unha metáfora do crecemento e do descubrimento do mundo dende a perspectiva da arte e da afectividade e resume a importancia dos estados de ánimo nos procesos de aprendizaxe. A súa música fala íntimamente aos nenos/as, permite que amplien o seu vocabulario afectivo e reproduzan emocións que forman parte da vida. O gatuxo, o seu protagonista, é pintor de garabatos, explorador, astrónomo, xoguetón e cantante, inventor de linguaxes, aprendiz de case todos... Gatuxo é cada un dos nosos nenos e nenas.

Máis info: http://ocio.farodevigo.es/agenda/pontevedra/teatro/vigo/eve-1039931-gatuxo-teatro-escolares.html