Pelotas de tenis contra a contaminación acústica...Colaboras?

O centro entra na recta final nos EAA Awards Schola da Asociación Europea de Acústica co seu traballo "Proxecto APUPO: http://mapasonoro.ceipdelaredo.com"Dentro dos proxectos do centro vencellados ao coidado do medio ambiente este ano o alumnado de 5º e 6º de primaria ,en colaboración con 3º e 4º, realizaron un Proxecto de investigación sobre o ruído en Chapela.

Nesta última parte do proxecto estamos introducindo cambios organizativos e de mobiliario que minimice a contaminación acústica do centro. Sabías que o uso cauchos e fieltros nas cadeiras no centro minimiza un 35% do ruído na aula?

Un remedio sinxelo son as pelotas de tenis, por todo isto solicitámosvos colaboración en donar aquelas pelotas que teñades “retiradas do circuito” posto que lle poderíamos darlles unha segunda vida, teredes a vosa disposición na entrada do centro unha rede para poder colaborar!.