Saída "Imaxinar a Educación con Tonucci" Infantil (03/05)

O vindeiro mércores 3 de maio o alumnado de Educación Infantil achegarase á cidade de Pontevedra para visitar no Pazo da Cultura de Pontevedra a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato” que ten como protagonista a obra gráfica do pedagogo italiano Francesco Tonucci.

A exposición é unha oportunidade para mostrar a intelixencia e a creatividade da infancia, e potenciar a capacidade innata que teñen os nosos cativos para aprender e construír.

Máis info: http://pontevedraviva.com/cultura/36157/tonucci-exposicion-imaxinar-educacion-50-anos-frato/?lang=es