Skip to Content

Departamentos

Educación Infantil 4 anos

sentímolo, flash non está dispoñible.

Educación Infantil 5 anos

sentímolo, flash non está dispoñible.

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística organizou un acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. A actividade consistía nun recitado colectivo do poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 de decembro ás 12:00 horas.

 

   A continuación tedes as actividades feitas polo alumnado de 5º curso. Nun dos vídeos poderedes escoitalos recitar o poema na biblioteca. 

 

 

 

 

 

  No segundo dos vídeos tedes imaxes do momento en que recitaron o mesmo poema diante do resto de alumnado de primaria así coma diversas imaxes relacionadas con Celso Emilio Ferreiro; de fondo sona unha versión de Deitado fronte ao mar do grupo Dios ke te crew, a quenes lles agradecemos que nos cederan o tema.

10 anos do PRESTIGE

Durante a semana que se conmemorou o décimo aniversario do afundimento do PRestige (13-11-2012), os alumnos de Primaria, logo de ver un video resumo da catástrofe, traballaron diferentes aspectos relacionados co tema en cuestión: causas do afundimento, características do petroleiro, efectos na pesca, efectos na saúde, efectos nos animais, plataforma nunca mais, voluntarios... 

 

Logo realizamos un mural onde plasmamos toda esta información. Actualmente estamos seguindo a evolución do xuizo que se está a celebrar na actualidade.

 

 


Deixovos o enlace do video resumo da catástrofe. http://www.youtube.com/watch?v=GtToyMQUWwg

MAGOSTO / SAMAÍN 2012

 

O vindeiro mércores 31 celebraremos no colexio o Samaín e o Magosto.

Aquí tedes os dípticos para que consultedes.

 

 

                                                                                          

MAIOS 2012

O día 23 de maio en Infantil celebramos os Maios. Grazas á colaboración de todas as familias, xa pola mañá as aulas estaban cheas de flores para montar o maio. Aínda así, antes de empezar, os nenos e nenas, acompañados das súas mestras foron recoller fiuncho nos alrededores do colexio. De volta na escola empezamos a montar o maio: primeiro o fiuncho e logo as flores. Pasámolo moi ben e o maio adornou a entrada do edificio de infantil durante varios días.

A continuación podedes ver as fotos dese divertido día.

CICLISMO

ciclismo

O vindeiro mércores 6 de Xuño, teremos unha actividade de ciclismo na escola durante toda a mañá.

Para poder disfrutar o máximo tempo desta actividade, de xeito voluntario, aqueles que non veñan en transporte poderían traer ese día a súa bicicleta, sen esquecer que tamén se precisa casco.

XORNADA DE XOGOS POPULARES

Para conmemorar a Semana das Letras, Ricardo Pérez y Verdes impartiu no centro unhas charlas sobre os xogos populares e ao día seguinte todos os nenos/as xogamos aos xogos que vedes nas fotografías. Ata xogaron os mestres!

CARREIRA POLA LINGUA 2012

Aquí están as fotos da carreira pola lingua celebrada o día 30 de maio. Ao final das carreiras non faltou a entrega de medallas para os gañadores.

 

Festival das Letras Galegas 2012

O día 16 de maio celebramos o día das letras Galegas cun fantástico festival. Esperamos que vos gustara. Aquí están as fotos para que poidades recordar todos estas inolvidables actuacións.

 

III CARREIRA POLA LINGUA

 

 

Mañá, mércores día 30 de Maio, por fin celebraremos a III Carreira pola Lingua que fora posposta polo mal tempo.

Competirase por ciclos. Por cada ciclo haberá 4 equipos, nomeados con nomes de poemas e obras de Valentín Paz Andrade, tendo que pasarse un testigo que será un poema de Valentín.

Os nosos pícaros de Infantil, competirán tamén aínda que dun xeito un pouquiño diferente.

Os equipos gañadores gañarán unha medalla e a todos nos agasallarán cunha camiseta. Grazas a ANPA por mercarlas!

Estade atentos a publicación das fotos.

MOITA SORTE E PASADEO BEN!                                 

Samaín 2011

Durante o mes de outubro no noso colexio tivemos levando a cabo actividades sobre a festa do Samaín.Ademais de aprender máis sobre esta festa, realizamos murais e participamos no concurso de murais organizado polo concello de Zas... e claro decoramos cabazas coa axuda das familias. 

Semana Das Letras Galegas

Durante esta semana vamos celebrar a semana cultural. Preparamos moitas actividades: 

-sesións na aula de informática para celebrar o día da internet

-realización de actividades LIM e Webquest sobre as Letras Galegas e mais particularmente sobre Lois Pereiro. (Para ver os enlaces a estas actividades podedes ir o blogue do colexio Labarta Tic´s)

-II Carreira pola lingua e xogos populares

A Carreira Pola Lingua consistirá en realizar unha carreira de relevos por equipos compostos por nenos de diferentes clases pero do mesmo ciclo. Ao finalizar a carreira de relevos os diferentes equipos teñen que resolver as probas coas diferentes pistas que foron conseguiron durante a carreira. As probas son sobre Lois Pereiro e as Letras Galegas. Grazas a ANPA os rapaces e rapazas do colexio terán unha camiseta co nome do seu equipo.

-Pintar o muro do patio da pista verde con debuxos de nenos xogando a xogos populares.

Estamos todos moi emocionados.

Celebración dos Maios 2011

 

O día 9 de maio os nenos e nenas do ceip Labarta Pose trouxeron moitas flores fermosas e fiúncho para facer dous Maios. Pola mañá os cativos de infantil foron buscar máis fiúncho nos campos dos arredores do colexio.

Os rapaces de infantil e de 1º ciclo fixeron un, e os rapaces de 2º e 3º ciclo fixeron outro. Como nos sobraba aínda moitas flores e fiúncho, os de infantil tamén elaboraron unha alfombra floral.

Ao rematar todos os cursos leron poemas sobre os Maios.

Aquí vos deixamos unhas cantas fotos para ilustrar este día tan floreado.


 

Festival das letras galegas 2011

O día 13 de maio vamos celebrar o día das LETRAS GALEGAS no centro. Cada aula preparou unha ou varias actuacións. Estamos moi emocionados por presentarvos as nosas cancións, bailes e obras de teatro. Estades todos invitados.

 

ESPERAMOS QUE VEÑADES MOITOS A VERNOS!!

 

Ese día tamén vamos distribuír a nosa revista anual: FAISCAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut