Educación física

ATLETISMO

Prema na imaxe para aprende algo máis sobre o atletismo

CICLISMO

ciclismo

O vindeiro mércores 6 de Xuño, teremos unha actividade de ciclismo na escola durante toda a mañá.

Para poder disfrutar o máximo tempo desta actividade, de xeito voluntario, aqueles que non veñan en transporte poderían traer ese día a súa bicicleta, sen esquecer que tamén se precisa casco.

XORNADA DE XOGOS POPULARES

Para conmemorar a Semana das Letras, Ricardo Pérez y Verdes impartiu no centro unhas charlas sobre os xogos populares e ao día seguinte todos os nenos/as xogamos aos xogos que vedes nas fotografías. Ata xogaron os mestres!

CARREIRA POLA LINGUA 2012

Aquí están as fotos da carreira pola lingua celebrada o día 30 de maio. Ao final das carreiras non faltou a entrega de medallas para os gañadores.

 

III CARREIRA POLA LINGUA

 

 

Mañá, mércores día 30 de Maio, por fin celebraremos a III Carreira pola Lingua que fora posposta polo mal tempo.

Competirase por ciclos. Por cada ciclo haberá 4 equipos, nomeados con nomes de poemas e obras de Valentín Paz Andrade, tendo que pasarse un testigo que será un poema de Valentín.

Os nosos pícaros de Infantil, competirán tamén aínda que dun xeito un pouquiño diferente.

Os equipos gañadores gañarán unha medalla e a todos nos agasallarán cunha camiseta. Grazas a ANPA por mercarlas!

Estade atentos a publicación das fotos.

MOITA SORTE E PASADEO BEN!                                 

5ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE

      Esta fin de semana, o noso colexio   participará na 5º Carreira Pedestre Popular, que este ano terá lugar no noso Concello.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este será o recorrido.

Anímate a participar.

Distribuir contido