Secretaría |
Hoxe día 20 comeza o prazo para a formalización de matrículas para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria para o curso 2023/2024. A documentación solicitada é a seguinte: - 2 fotografías tamaño carnet. - Fotocopia libro de familia. - Fotocopia tarxeta samitaria e libro de vacinas. - Fotocopia DNI. - Impreso que se vos facilitará na secretaría do centro. Tedes ata o día 30 para entregar a documentación en horario de mañá. |
|||
Informamos de que un ano máis, a Cruz Vermella ofrece apoio ás familias daqueles nenos e nenas que teñan dificultades para adquirir o material escolar ou inclusive os libros de texto, complementando a bolsa da Xunta de Galicia, solicitude imprescindible para optar a esta campaña. As solicitudes serán recollidas na Asemblea da Cruz Vermella de Vigo do 19 ó 30 de xuño. A documentación imprescindible a presentar para facer a solicitude é a seguinte: o DNI/NIE/Pasaporte de todos os membros da unidade familiar. o Volante de empadroamento conxunto/familiar o Documentos dos menores: • Libro de familia • Partida de nacemento o Contrato de aluguer da vivenda, recibo que xustifique pago ou declaración xurada do propietario. o Copia da solicitude do fondo solidario de libros. o Ingresos da unidade familiar: • Nómina. • Certificado de prestacións da Xunta. • Certificado positivo/ negativo de prestacións SEPE (INEM). • Certificado positivo/negativo de prestacións da seguridade social. • Extracto bancario dos movementos dos 3 últimos meses. • Vida laboral. o Outras sentencias/informes. |
|||
|
|||
|
|||
Segundo o disposto no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024, xa está á vosa disposición a listaxe definitiva do novo alumnado admitido no taboleiro interior do centro, cumprindo a normativa de protección de datos. Todo o alumnado que presentou solicitude adxudicóuselle praza na listaxe definitiva. As persoas que fixeran a solicitude vía electrónica, poden ver a resolución a través da mesma. O período establecido por normativa para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño. |
|||
|
|||
|
|||
Segundo a Resolución do 5 de outubro (DOG do 14 de outubro), todas aquelas familias que recibiron o cheque de material de 50 euros, teñen dereito a ampliar este cheque con 25 euros máis para a adquisición de material. Podedes recoller este novo cheque durante esta semana en horario de secretaría (martes de 8:50 a 9:40 ou mércores, xoves e venres de 13:00 a 13:50) ou o martes pola tarde de 16 a 17. Recordade que debe vir a recollelo a persoa que o solicitou. No caso de vir outra persoa deberá traer unha autorización asinada pola persoa solicitante, acompañada dos DNI ou copia de ambas persoas. |
|||
Informámoslles de que o Concello xa puxo en marcha a convocatoria de Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para o curso 2022/2023. O prazo de solicitude comenza hoxe, martes día 12 de xullo e remata o martes día 9 de Agosto. Información dispoñible en vigo.org. É un trámite independente do colexio que terán que realizar a través do Concello. Adxuntamos documentos con información e impreso para a solicitude.
|
|||
Publicado no taboleiro interior do noso centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de Libros de Texto e material escolar para o resto do alumnado de Educación Primaria. O xoves 30 de xuño e o venres 1 de xullo serán os días de entrega de vales (Axudalibros e material escolar) en horario de 11h-13:50 horas. Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa solicitante e da persoa que recolle os vales. |
|||