As nosas actividades e saídas

XORNADA DE ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS

MAGOSTO 2019

Por segundo ano consecutivo, no CEIP Josefa Alonso, gozamos dun Magosto na compañía dos avós e avoas do noso alumnado e dende o claustro, queremos agradecer a colaboración aos nosos maiores, ao grupo "Sete Cuncas" por amenizar o evento e Lisardo e a mestra Ana por asar as catañas para todos e todas. 

 

VISITA DE DESIRÉE VILA

O pasado 30 de outubro visitounos Desirée Vila e contoulles a súa historia persoal de esforzo e superación aos grupos de 5º e 6º de E.P.

Estaremos moi pendentes da súa partivipación nos xogos paralímpicos.

Moitísima sorte!

 

SAMAÍN

Aquí tedes un pequeno resumo da festa do Samain que celebramos na escola este ano. Agardamos que o desfrutedes e non pasedes moito medo.

PROGRAMA AFECTIVO-SEXUAL

 

Neste curso escolar estamos levando a cabo no centro un Programa afectivo-sexual, grazas ao proxecto presentado pola ANPA e que foi seleccionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España.

 

Con este video amosámosvos un anaco dos obradoiros que estanse facendo nas aulas e da primeira xornada, das catro programadas, da Escola de Familias, impartidas por Hadriana Ordóñez.

 

Esperámosvos para a seguintes!

 

O SAMAÍN NOS OLLOS DE 1º e 2º de PRIMARIA

Cociñamos con produtos da horta

Despois dun gran esforzo hai unha gran recompensa!!! Nesta xornada tivemos unha receita moi especial; cociñamos pan e degustámolo cos tomates e allos da horta que plantáramos no curso anterior.

Estaba de rechupete!!!!

 

UNHA MENSAXE ESPECIAL

Atentos e atentas! Alguén moi especial deixounos unha mensaxe para iniciar este novo curso... Estades preparados para saber quen é? 

Pois abride ben ollos e orellas e dádelle ao play...

Feliz inicio de curso!!! 

 

PEGADA

Esta é a pegada que deixaron no centro os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria.

Grazas polo voso traballo e polo paso por este cole e grazas as mestras que vos inculcaron valores de solidariedade, tolerancia e diversidade.

Moi boa sorte a todos! 

 

 

GRADUACIÓN

E para rematar o curso non temos mellor forma que pechar co vídeo da graduación dos alumnos e alumnas de 6º de E.I. e de 6º de E.P. 

Felices vacacións!

Distribuir contido