Magosto

Magosto 2022

O pasado venres 11 de novembro, e por fin retomando as vellas costumes, celebramos na escola a festa do Magosto cuns convidados moi especiais: as avoas e os avós dos nenos e nenas da escola.

Foi unha xornada marabillosa na que gozamos cos xogos tradicionais e degustamos castañas asadas. Pero por moito que vos contaramos non poderiamos explicarvos o especial que foi a mañá, así que vos convidamos a ver as fotos do vídeo... e as nosas caras de ledicia.

MAGOSTO

O pasado venres día 12 festexamos o Magosto e queremos compartir convosco unha mostra de todo o que vivimos nesa marabillosa xornada, na que contamos coa colaboración especial da ANPA coa preparación e dinamización das actividades. 

 

Magosto 2011

 

No magosto celebrado no colexio comemos castañas, fixemos 6 xogos .

 

1 fixemos o pano.

2 xogamos a pasar a castaña

3 carreira de relevos

4 castaña na culler

5 encestar a castaña

O magosto no Centro

O pasado mércores día 17 de novembro celebramos o magosto do Centro, non foi onde tiñamos pensado nun principio xa que as condicións climatolóxicas non eran as mellores para saír ao merendeiro, e decidiuse celebralo dentro do recinto escolar.

Distribuir contido