A partir do venres 26 de xuño de 2020, poderedes consultar no taboleiro interior do noso centro a resolución definitiva das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e do Fondo Solidario de Libros de Texto e material escolar para o resto do alumnado de Educación Primaria.
Ao longo da xornada do venres 26, porémonos en contacto con vós para concertar cita para a recollida de vales (Axudalibros e material escolar). Lembrade que se non pode vir o solicitante a recoller o vale, a persoa que o recolla deberá presentar unha autorización asinada polo solicitante e acompañada dos DNI ou copia da persoa solicitante e da persoa que recolle os vales.
|
|||
Dende a data de hoxe 22 de xuño pódese consultar no taboleiro interior do centro (seguindo a lexislación vixente), situado no patio superior ao lado do comedor, a Listaxe Provisional de Axudas Fondo Libros, Libros de texto e Material curso 2020-2021. Pola lei de protección de datos non se dará ningunha información desta índole vía telefónica. Pregamos, seguindo as instrucións sanitarias que se respecte o acceso restrinxido as demais disposicións e edificios do Centro Educativo. O horario será os días 22, 23 e 25 das 09:30 ás 13:30h. Para facer reclamacións, se é o caso, o prazo será de dous días lectivos despois da publicación. Resaltamos que o 24 de xuño é dia no lectivo. Saúdos cordiais Equipo Directivo |
|||
O prazo para solicitar as axudas escolares municipais será do 25 de xuño ao 22 de xullo.As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de:www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño.Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a súa solicitude a través dela.As solicitudes e anexos acheganse a continuación: |
|||
O alumnado de 5ºEP durante este confinamento traballou a noticia periodística. Aquí podedes ver o resultado!! E non esquezades descargar o documento adxunto... así o poderedes consultar con calma!!
|
|||
Dende hoxe, 18 de xuño de 2020, podedes consultar tanto no taboleiro do noso colexio como no arquivo adxunto a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-2021.
Lémbrase que a formalización de matrícula comezará o día 1 de xullo. O colexio porase en contacto vía telefónica con todas familias para a reserva de cita para tramitar a matrícula. A documentación que tedes que aportar é a seguinte: - Folla de formalización de matrícula (podedes descargala no arquivo adxunto) - Fotocopia da cartilla de vacinacións. - Fotocopia da tarxeta sanitaria. -Certificado/informe médico. - 1 fotografía tamaño carnet. |
|||
Adxuntamos o arquivo co listado de libros e material para todos os cursos de Educación Primaria para o curso 2020-2021. Na etapa de Educación Infantil non se usará libros de texto. A listaxe de material entregarase no mes de setembro. |
|||
|
|||
|
|||
Dende hoxe, 27 de maio de 2020, podedes consultar tanto no taboleiro do noso colexio como no arquivo adxunto a listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-2021. Lembrade que a listaxe definitiva publicarase antes do 26 de xuño. |
|||
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. (Orde 12 de maio de 2020 publicado o 19 de maio)
Modelo de solicitude Disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ na páxina de edu.xunta.gal ou nas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e O.U. Ante esta situación de emerxencia sanitaria, e seguindo a lexislación o centro non proporcionará de xeito presencial o modelo de solicitude. Neste enlace contaredes con un MANUAL
Prazo de presentación Do 20 de maio ao día 19 de xuño (este incluído)
Forma e lugar de presentación Unha vez cuberta a solicitude (unha por familia), poderase presentar do seguinte xeito:
Lembrade que cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade. O horario de recepción de solicitudes realizarase exclusivamente baixo cita previa no 886120246 No arquivo adxunto atoparedes máis información |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
