SEMANA CULTURAL

Proximamente imos celebrar na escola, coa inestimable colaboración da ANPA Lameira, a Semana Cultural como anticipo ao día das Letras Galegas, este ano adicado a Antón Fraguas, na que contaremos con diversos obradoiros que se levarán a cabo entre o 13 e o 16 de Maio.

Ademáis e como é habitual realizarase unha exposición, organizada pola ANPA, dos traballos feitos polas familias.

Podedes consultar as bases no arquivo adxunto.

VIII Festa da Sementeira

Dende a escola animámosvos un ano máis a acudir á Festa da Sementeira, que terá lugar este domingo 5 de Maio.

Día do Libro

O 23 de abril celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial. Representamos un teatro de sombras de "Don Quijote de la Mancha" elaborado polo alumnado dos obradoiros da biblioteca de Leonarda que quedou ben bonito!!! Ademais fixemos unha exposición coas manualidades aportadas polas familias sobre un protagonista animal nos contos. E como agasallo, un libro para as familias que doaron moi amablemente. Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer todo o traballo realizado polas familias, os libros doados e sobre todo, dar as GRAZAS a todos os nenos e nenas que participaron no obradoiro.

Primeiros auxilios

Grazas a Inés, o alumnado do Ceip Josefa Alonso sabe actuar ante unha situación de emerxencia!! Mirade que ben o fan!!!

SESIÓN FORMATIVA PARA FAMILIAS

O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:

- Claves para unha escola inclusiva, que se celebrará no VERBUM (Avda Samil, 17) o día 26 de abril de 2019 en horario de 16:30 a 19:30.

 

As personas interesadas en asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Museo Illas Atlánticas

O alumnado de 1º, 2º e 3º visitamos o Museo das Illas Atlánticas. Gustounos moitísimo e aprendemos moitas cousas!!!

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas estase a aproximar, comproba os teus coñecementos sobre esta data tan importante con este xogo: https://create.kahoot.it/share/letras-galegas/05816204-7ec9-4174-bb4c-e5232d3698b8 

 

 

Convivencia no Maruxento

O pasado sábado 9 de marzo, familias, alumnado e profesorado compartimos unha xornada no Monte do Maruxento,

onde contribuimos a súa recuperación arrincando eucaliptos nesta contorna.

Grazas a todos e todas os que participáchedes! Repetiremos!

 

 

  

 

CONSTRUÍNDO UN COMPOSTEIRO PARA A NOSA HORTA

O alumnado de 2º, 4º e 5º de Primaria levou a cabo a construción, esta semana, dun composteiro para a horta da escola. Unha vez máis o traballo en equipo deu os seus froitos. Ben feito rapaces! 

 

Contacontos en francés

O alumnado de 1º, 2º e 3º tivemos a sorte de ter un contacontos en francés moi especial!!! O papá de Eliane de 3º cotounos 2 contos chulísimos en francés aproveitando o PDI dos animais. GRAZAS FLORANE!!!!

 

Distribuir contido