Gianni Rodari

Dende Kalandraka TV compartiron este fermoso vídeo para conmemorar o 100 aniversario de Gianni Rodari. Podedes velo no blog de Leonarda.

DOCUMENTACIÓN COVID CEIP JOSEFA ALONSO APROBADA NO CLAUSTRO E CONSELLO 29-9-20

INCORPORACIÓN ESCALONADA CLASES PRESENCIAIS CURSO 2020-2021

 

O inicio das clases presenciais deste curso sera escalonada seguindo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21:

Día 10 de setembro, xoves: Alumnado de 4º e 5º de E. Infantil e 1º, 2º e 3º de EP.

Día 11 de setembro, venres: Alumnado de 6º de E. Infantil e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2020-2021

Convocadas axudas para alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 2020-2021.

Prazo presentación solicitudes no centro escolar: ata o 30 de setembro (inclusive). Imprescindible CITA PREVIA.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resumo da convocatoria.


 

 

1ª Graduación de 6º EP post-COVID19

 A cuarentena polo COVID-19 trastocou moitos plans. Fixo que nos désemos conta da importancia de cousas que non valoramos habitualmente como a saúde ou o tempo para nós; pero tamén do imprescindible que é o poder abrazar, bicar, sentir, estar cos nosos seres queridos.

No Josefa Alonso non nos cabía na cabeza que o noso alumnado de 6º EP marchase para o instituto sen facer algo especial. Non podía ser a típica graduación a que estamos acostumados (que queda pendente para setembro) así que a mestra Alma puxo en marcha a este EQUIPO que formamos xunt@s.

Todo empezou cunha carta que chegou aos buzóns dos nenos e das nenas. Unha carta con todo o cariño d@s seus mestr@s que podedes ler aquí:

 

 

 

O xoves 25 de xuño, Alma quedou co seu grupo para despedirse. O que non sabían era o que lles tiñamos

preparado.

 

A artista que temos coma mestra de música, Raquel, púxolle letra e música a todas as emocións e sentimentos que  non se poden expresar só con palabras.

-En breve poderedes ver o vídeo-

Como xa dixemos foron moitas cousas as que quedaron pendentes. Unha delas, a entrega do diñeiro recaudado para DISCAMINO coa nosa MERENDA SOLIDARIA.

 

Aínda que, se a situación o permite, visitarán o noso centro o vindeiro curso, este grupo marcha para o instituto. Por iso, puxémonos en contacto coa Asociación para poder darlles a sorpresa de que os coñecesen e así puidesen ser partícipes da entrega simbólica do cheque cos cartos da doazón.

   

 

Neste enlace podedes ler o que sentiron el@s: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10222732349967975&id=1551220066

 

Por último, deixámosvos unhas fotos deles, dos e das protagonistas. Foi unha graduación atípica, coma este curso, sen bicos, sen abrazos (por moito que nolos pedira o corpo) pero sen dúbida, inesquecible

-En breve poderedes ver o vídeo-  

Derek, Lucas, Roi, Valeria, Carla, Icía, Vitor e Noel…

Carmen, Blas, Ainhoa e Anxo, Raúl, Dani, Yanira e Manuel…

Sodes parte deste cole, levarémosvos no corazón.

Só nos queda desexarvos sorte, que vos pase de todo o mellor!

 

EXTRA, EXTRA!!!

O alumnado de 5ºEP durante este confinamento traballou a noticia periodística.

Aquí podedes ver o resultado!!

E non esquezades descargar o documento adxunto... así o poderedes consultar con calma!!

  

PLANIFICACIÓN MATERIAL FONDO LIBROS EDUCACIÓN PRIMARIA

PLANIFICACIÓN MATERIAL FONDO LIBROS EDUCACIÓN PRIMARIA

PLANIFICACIÓN MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

PLANIFICACIÓN MATERIAL  EDUCACIÓN INFANTIL

Retos Semana Cultural 2020

ATENCIÓN, ATENCIÓN!! Búscanse alumnos e alumnas dispostos a participar nos Retos da Semana Cultural do 2020 para así convertir os seus balcóns e fiestras nos máis bonitos de todo Matamá!

CLICA EN "EMPEZAR"!!


 

Día do libro

Leonarda ten o pracer de convidarvos a participar no blog para conmemorar o día do libro. Propoñémosvos algunhas ideas:
 
A partir dun libro que vos guste moito, podedes facer 5 viñetas a modo de resumo da historia e enviarnos unha foto das viñetas ao correo leonardamatama@gmail.com
 
Tamén podedes gravarvos contando un conto, estaremos encantados e encantadas de compartilo e gozar das vosas historias.
Deixámosvos no blog da biblioteca unha manualidade chulísima para crear as vosas propias historias.
 
Tedes traballo, animádevos!!!!!!
Distribuir contido